Skip to Content

CALENDARIO ESCOLAR 17-18 E PERIODO DE VACACIÓNS

 

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE O CALENDARIO ESCOLAR 17-18

Orde do 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2017/18 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

O E. DIRECTIVO entregará no mes de outubro a planificación do trimestre de forma aproximada e calquera variación será comunicada con antelación se as circunstancias así o posibilitan.

 

 

Artigo 5.

Actividades lectivas

1. No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a  impartición efectiva de clases realizarase do día 11 de setembro de 2017 ao 21 de xuño de

2018, ambos inclusive.

 

Artigo 6.

Períodos de vacacións

1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2017 ata o día 7 de xaneiro de 2018, ambos  inclusive.

2. Entroido: días 12, 13 e 14 de febreiro de 2018.

3. Semana Santa: desde o día 24 de marzo ata o 2 de abril de 2018, ambos inclusive. En TUI as vacacións serán dende o día 29 de marzo ata o día 9 de abril ambos inclusive ( se todos os centros de Tui asi o deciden).

Día do Ensino

7 de decembro de 2017

CONMEMORACIÓNS

Artigo 8.

Conmemoracións

1. Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:

– 20 de novembro de 2017: Día Universal da Infancia.

– 25 de novembro de 2017: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

– Do 1 ao 11 de decembro de 2017: conmemoración da Constitución e do Estatuto de

autonomía de Galicia.

– 3 de decembro de 2017: Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

– 10 de decembro de 2017: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

– 30 de xaneiro de 2018: Día Escolar da non Violencia e da Paz.

– 8 de marzo de 2018: Día Internacional da Muller.

– 15 de marzo de 2018: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

– Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase

na aula con xornais.

– 7 de abril de 2018: Día Mundial da Saúde.

– Entre o 23 e o 27 de abril de 2018: Semana do libro.

– 9 de maio de 2018: Día de Europa.

– Do 14 ao 18 de maio de 2018: Semana das Letras Galegas.

– 5 de xuño de 2018: Día Mundial do Ambiente

 



page | by Dr. Radut