Skip to Content

sinais identidade e obxectivos

Tendo en conta o contexto no que se enxerga o noso CRA, do onde se salientaron as características de DIVERSIDADE nun amplo abano de manifestacións, sobresaíndo a característica de converxencia de culturas fronteirizas galego-portuguesa en contacto, salientámo-los puntos esenciais que definen a nosa identidade querendo construír unha escola aberta ó presente, ó pasado e, sobre todo, ó futuro, para o que:

  • Asumimos o compromiso de desenvolver un ensino fundamentado no marco do pluralismo e os valores democráticos, onde a liberdade e o repecto polos outros sexan os eixos que equilibren a balanza da nosa acción educativa.
  • Entendemo-lo feito educativo como unha tarefa compartida entre tódolos compoñentes da Comunidade Escolar: alumnado-profesorado-familias- administración educativa - contorno ambiental, etc. Polo que mantemos unha estreita cooperación e interacción, sobre todo coas familias dos nosos alumnos e alumnas, xa que entre todos levaremos a cabo unha labor máis eficaz.
  • Centro democrático favorecendo e propiciando o diálogo e respectando as opinións das maiorías e das minorías.
  • Participativo para favorece-la colaboración, a implicación, o compromiso e atoma de decisións conxuntas de tódolos actores que conforman a comunidade educativa e dan vida ó Centro Escolar. Ademáis foméntase e favorécese a toma de decisións conxuntas a través dun proceso de confianza, diálogo, entendemento, comunicación, axuda, implicación, cooperación, implicación que conforma e da vida a unha formación e educación per se enxerida na propia organización do centro.
  • Tolerante no sentido de que todos e todas son persoas coas mesmas necesidades de estar e de da-la súa opinión, de ser tidos en conta, de ser respectados, etc.
  • Creativo propiciando as críticas, autocríticas e as iniciativas.

     

    Así que, dende un posicionamento marcado pola afectividade entre tódolos compoñentes da comunidade educativa, salientamos:

     

    1. A educación para a igualdade, onde non existan discriminacións de índole sexista, cultural, relixiosa, étnica, ou por outras razóns físicas, psíquicas, de idade, cor , ritmos de aprendizaxe, etc.
    2. A educación para a convivencia en paz, fundamentada no respecto mutuo e na tolerancia, así como na resolución de conflictos de xeito harmónico, despertando actitudes e valores de soliedariedade cara ós máis desprotexidos.
    3. A educación para o coidado e respecto da natureza , formando cidadáns e cidadás responsables do futuro do medioambiente, xa que son axentes activos da súa conservación ou deterioro.
    4. A Educación cívica e social, agrupando os eixos transversais da educación para a sáude, para o consumo responsable e para a educación vial, dotando ós nosos alumnos e alumnas de criterios que os guíen cara a un comportamento autónomo, como xestores do seu propio benestar.
    5. A aconfesionalidade inherente á nosa condición de centro público, asume unha orientación cara ós valores éticos e morais facilitadores de conductas sás e libres , dándolles ós nosos alumnos e alumnas a posibilidade de acceder á formación na área de relixión católica segundo está estipulado na lexislación vixente. Dos 179 nenos e nenas escolarizados no noso Cra, asisten á clase de relixión católica.177, pero non témo-la posibilidade de ofrecérllela opción de actividade alternativa prevista en dita ORDE, polo que se regula dita actividade, feito que provoca un conflicto para algunhas familias que preferirían que a súa filla ou fillo non asistisen á clase de relixión católica se houbese a outra opción. 
    6.  Tentaremos prioriza-lo uso da lingua galega, así como valorar e dar a coñece-la riqueza do noso acervo cultural, xa que se atopan nunha coxuntura de crise diante do avance da lingua de prestixio sobre a propia, que neste momento está relegada ó eido restrinxido duns poucos galegofalantes.
    7. Utiliza-lo galego como lingua de aprendizaxe cando esta lingua sexa a utilizada maioritariamente como lingua vehicular nas familias e paulatinamente cando non se produzan estas circunstancias favorables.
    8. Preténdese un desenvolvemento integral da personalidade do alumnado e de tódalas súas capacidades promovendo o descubrimento, coñecemento e comprensión do contorno físico e social onde se desenvolve a súa vida cotiá, sentíndose parte integrante e activa do mesmo e valorando as tradicións e costumes.
    9. Promoveremos o coñecemento e utilización de regras de convivencia cunha actitude crítica, de axuda, cooperación e colaboración.
    10. Optimización da autonomía persoal, da capacidade crítica, autocrítica e constructiva, hábitos de hixiene, orde, limpeza, conservación, etc.
    11. A atención á diversidade susténtase na necesidade dun trato personalizado para adecuarse ó ritmo evolutivo e ás capacidades de cada nena/o, promovendo accións encamiñadas a compensar carencias sociais, culturais, afectivas, lingüísticas e valorando as diferencias como algo positivo e tendo en conta a riqueza da diversidade étnica. O Centro reestructurarase no plano organizativo, pedagóxico, curricular e metodolóxico en función das necesidades educativas atopadas cada curso escolar. Esta atención á diversidade contará con programas de intervención interdisciplinares de cara ó centro, á aula, ás familias e ó alumnado individualmente e terán en conta o contexto psicopedagóxico, o contexto legal e o contexto de actuación. Para cada problemática xurdida deseñaranse programas de intervención que den unha resposta eficaz e exitosa logo da realización de avaliacións psicopedagóxicas pola orientadora ou orientador do centro e recurrindo sempre o asesoramento do Departamento de Orientación e dos EOE.
    12. Promóvese a existencia de diferentes medidas de atención á diversidade de alumnado: reforzo educativo, Adaptacións Curriculares, Agrupamentos específicos, apoios na aula con profesorado especialista en E.E. e Audición e Linguaxe.
    13. O modelo educativo que se desenvolve neste centro escolar baséase na tolerancia, actividade, apertura, participación, compromiso, entre outros aspectos.
    14. A nosa liña metodolóxica, sustentada polo traballo en equipo e toma de decisións consensuada, asume plenamente os postulados da pedagoxía constructivista propugnada pola Reforma Educativa:

     

    · A aprendizaxe significativa como eixo de tódalas aprendizaxes.

    · A globalización.

    · A investigación e experimentación como técnicas básicas.

    · O ludismo.

    · A actividade.

    · Tolerancia.

    · Cooperación.

    · Aprender a aprender.

    · Participación.

    · Enxerido no medio físico, social e cultural.

    · Aberto cara á comunidade (cara adentro e cara a fóra).

    · A afectividade como marco e punto de partida de tódalas situacións de aprendizaxe.

    · Trato personalizado do alumnado adecuándose ós diferentes ritmos madurativos e capacidades.

    . Implicarse na coeducación e recoñece-lo seu valor como instrumento válido dun modelo educativo de calidade.

    . Establecer canles de participación da comunidade educativa promovendo tempos e espacios.

    . Dinamiza-lo funcionamento e operatividade da ANPA e a súa implicación e compromiso co centro.

    . Optimiza-lo funcionamento democrático do centro escolar.

     . Dinamiza-lo funcionamento de funcións de asesoramento e de orientación ó alumnado, profesorado e familias.

    . Establecer estratexias para a creación dunha escola de pais e nais infusionada no centro escolar.

    . Liderado do equipo directivo para guía-lo centro cara a xestión de calidade e sempre con actitude de diálogo, tolerancia, participación, confianza, empatía, comunicación, solidariedade, implicación, compromiso, dinamizadora e optimizadora.

     

    .  A razón de ser do centro (misión) a imaxe desexable e alcanzable (visión) e aquelas ideas que configuran o comportamento do persoal de centro educativo forman un continuo que cobra vida nos proxectos institucionais.

    Atención prioritaria á xestión do persoal organizándoo axeitadamente e optimizando as posibilidades do mesmo e sempre cunha comunicación horizontal, creando un clima de confianza, de implicación, participación, compromiso atendendo ás diferentes peculiariedades dos membros deste centro.

    Estimulación do desempeño óptimo das posibilidades do persoal e a súa implicación, compromiso e participación na mellora continua tomando decisións e promovendo a autoformación e formación conxunta, asumindo o traballo en equipo como base para o desenvolvemento do profesorado e familias.

    Xestión óptima dos recursos atendendo prioritariamente ás necesidades do alumnado e o profesorado e sempre cunha información transparente e accesible de cara a toda a comunidade educativa.

    Os procesos de organización do centro, clima escolar, procesos de ensinanza aprendizaxe, avaliación do alumnado e orientación e titoría son prioritarios e tidos en conta neste centro e sempre promovendo e apoiando as iniciativas dos membros da comunidade educativa para a súa mellora que serán incorporados nos diferentes proxectos institucionais e programacións e sempre realizando avaliacións sistemáticas e planificadas como instrumento de retroalimentación de mellora.

    Serán tidos en conta o grao de satisfacción e percepción dos membros da comunidade educativa sobre o funcionamento e organización do centro tendo en conta o seu grao de participación, de implicación, os procesos, traballo en equipo, actividades desenvolvidas, toma de decisións, impacto na sociedade, relacións co contorno, apertura, resultados nos procesos de ensinanza aprendizaxe, clima escolar, avaliación do alumnado, orientación e titoría, consecución dos fins e obxectivos previstos e compromiso nos plans de mellora.

     

    Para que todas estas premisas coincidan nun desenvolvemento coherente, temos que ser consecuentes co tipo de material , xogos, linguaxe, etc., á hora de face-la elección e selección dos mesmos . Neste sentido, acordamos non utilizar materiais estandarizados (libros de fichas, carpetas de traballo, etc), e tomámo-la decisión de traballar por proxectos e con materiais de reciclaxe (periódicos, revistas,, etc.), facendo grupos de traballo, coa responsabilidade de deseñar determinados proxectos, unidades didácticas, ou actividades puntuais que van explicitadas no noso Plan Xeral.

O traballo cooperativo dos diferentes profesores e profesoras especialistas, constitúen unha valiosísima aportación ó método globalizador das nosas actividades, xa que se incardinan significativamente no desenvolvemento e vivenciación efectiva das mesmas.

 

Asemade, os xogos, e a linguaxe, coidamos que teñan un tratamento de rexeitamento de roles autoritarios, sexistas ou que conleven algún tipo de discriminación.

 

 

 

 

OBXECTIVOS INSTITUCIONAIS

 

q Asumi-lo compromiso de desenvolver un ensino fundamentado no marco do pluralismo e os valores democráticos, onde a liberdade e o repecto polos outros sexan os eixos que equilibren a balanza da nosa acción educativa.

q Entende-lo feito educativo como unha tarefa compartida entre tódolos compoñentes da Comunidade Escolar: alumnado-profesorado-familias- administración educativa - contorno ambiental,etc.

q Deseñar e desenvolver plans de mellora no centro a partir das demandas e visións do profesorado e familias.

q Crear un Centro democrático favorecendo e propiciando o diálogo e respectando as opinións das maiorías e das minorías.

q Promove-la participación de tódolos membros da comunidade educativa para favorece-la colaboración, a implicación e o compromiso de tódolos actores que conforman a comunidade educativa e dan vida ó Centro Escolar dinamizando á ANPA e a Escola de Pais e Nais.

q Fomentar e favorece-la toma de decisións conxuntas a través dun proceso de confianza, diálogo, entendemento, comunicación, axuda, implicación, cooperación, implicación que conforma e da vida a unha formación e educación per se enxerida na propia organización do centro.

q Dinamizar procesos de formación entre as familias e o profesorado.

q Ser tolerantes no sentido de que todos e todas son persoas coas mesmas necesidades de estar e de da-la súa opinión, de ser tidos en conta, de ser respectados, etc.

q Propicia-la creatividade propiciando as críticas, autocríticas e as iniciativas.

q Apreciar e comprometerse cunha educación para a igualdade, onde non existan discriminacións de índole sexista, cultural, relixiosa, étnica, ou por outras razóns físicas, psíquicas, de idade, cor , ritmos de aprendizaxe, etc., educación para a convivencia en paz, fundamentada no respecto mutuo e na tolerancia, así como na resolución de conflictos de xeito harmónico, despertando actitudes e valores de soliedariedade cara ós máis desprotexidos, educación para o coidado e respecto da natureza, formando cidadáns e cidadás responsables do futuro do medioambiente, xa que son axentes activos da súa conservación ou deterioro, educación cívica e social, agrupando os eixos transversais da educación para a sáude, para o consumo responsable e para a educación vial, dotando ós nosos alumnos e alumnas de criterios que os guíen cara a un comportamento autónomo, como xestores do seu propio benestar.

q Asumi-la confesionalidade inherente á nosa condición de centro público, promovendo unha orientación cara ós valores éticos e morais facilitadores de conductas sás e libres , dándolles ós nosos alumnos e alumnas a posibilidade de acceder á formación na área de relixión católica segundo está estipulado na lexislación vixente. Dos 179 nenos e nenas escolarizados no noso Cra, asisten á clase de relixión católica.177, pero non témo-la posibilidade de ofrecérlle la opción de actividade alternativa prevista en dita ORDE, polo que se regula dita actividade, feito que provoca un conflicto para algunhas familias que preferirían que a súa filla ou fillo non asistisen á clase de relixión católica se houbese a outra opción.

q Prioriza-lo uso da lingua galega, así como valorar e dar a coñece-la riqueza do noso acervo cultural, xa que se atopan nunha coxuntura de crise diante do avance da lingua de prestixio sobre a propia, que neste momento está relegada ó eido restrinxido duns poucos galegofalantes.

q Utiliza-lo galego como lingua de aprendizaxe cando esta lingua sexa a utilizada maioritariamente como lingua vehicular nas familias e paulatinamente cando non se produzan estas circunstancias favorables.

q Pretender un desenvolvemento integral da personalidade do alumnado e de tódalas súas capacidades promovendo o descubrimento, coñecemento e comprensión do contorno físico e social onde se desenvolve a súa vida cotiá, sentíndose parte integrante e activa do mesmo e valorando as tradicións e costumes.

q Promove-lo coñecemento e utilización de regras de convivencia cunha actitude crítica, de axuda, cooperación e colaboración.

q Optimiza-la autonomía persoal, capacidade crítica, autocrítica e constructiva, hábitos de hixiene, orde, limpeza, conservación, etc.

q Adecua-lo currículo ó alumnado con necesidades educativas do ámbito social, cultural, conductual, cognitivo, psicomotriz, sensorial, etc.

q Favorece-la implantación e adecuación das medidas de acceso ó currículum para todo o tipo de alumnado e realiza-las obras e reformas precisas.

q Desenvolver plans de acción titorial que proporcione ó alumnado un coñecemento de sí mesmo, do contorno e das técnicas básicas para unha comunicación e representación exitosa.

q Valora-la tolerancia, actividade, apertura, participación, compromiso, entre outros aspectos.

q Desenvolver unha liña metodolóxica, sustentada polo traballo en equipo e toma de decisións consensuadas que promova a aprendizaxe significativa como eixo de tódalas aprendizaxes, globalización, a investigación e experimentación como técnicas básicas e todo isto enxerido co:

 

· O ludismo.

· A actividade.

· Tolerancia.

· Cooperación.

· Aprender a aprender.

· Participación.

· Enxerido no medio físico, social e cultural.

· Aberto cara á comunidade (cara adentro e cara a fóra).

· A afectividade como marco e punto de partida de tódalas situacións de aprendizaxe.

· Trato personalizado do alumnado adecuándose ós diferentes ritmos madurativos e capacidades.

 

q Implicarse na coeducación e recoñece-lo seu valor como instrumento válido dun modelo educativo de calidade.

q Establecer canles de participación da comunidade educativa.

q Optimiza-lo funcionamento democrático do centro escolar.

q Dinamiza-lo funcionamento de funcións de asesoramento e de orientación ó alumnado, profesorado e familias.

q Establecer estratexias para a creación dunha escola de pais e nais infusionada no centro escolar.

q Promove-lo liderado do equipo directivo para guía-lo centro cara a xestión de calidade e sempre con actitude de diálogo, tolerancia, participación, confianza, empatía, comunicación, solidariedade, implicación, compromiso, dinamizadora e optimizadora.

q Desenvolve-la razón de ser do centro (misión) a imaxe desexable e alcanzable (visión) e aquelas ideas que configuran o comportamento do persoal de centro educativo forman un continuo que cobra vida nos proxectos institucionais.

q Establecer unha atención prioritaria á xestión do persoal organizándoo axeitadamente e optimizando as posibilidades do mesmo e sempre cunha comunicación horizontal, creando un clima de confianza, de implicación, participación, compromiso atendendo ás diferentes peculiariedades dos membros deste centro.

q Estimula-lo desempeño óptimo das posibilidades do persoal e a súa implicación, compromiso e participación na mellora continua tomando decisións e promovendo a autoformación e formación conxunta, asumindo o traballo en equipo como base para o desenvolvemento do profesorado e familias.

q Xestionar optimamente os recursos atendendo prioritariamente ás necesidades do alumnado e o profesorado e sempre cunha información transparente e accesible de cara a toda a comunidade educativa.

q Promove-los procesos de organización do centro, clima escolar, procesos de ensinanza aprendizaxe, avaliación do alumnado e orientación e titoría para que sexan aspectos prioritarios e tidos en conta neste centro e sempre promovendo e apoiando as iniciativas dos membros da comunidade educativa para a súa mellora que serán incorporados nos diferentes proxectos institucionais e programacións e sempre realizando avaliacións sistemáticas e planificadas como instrumento de retroalimentación de mellora.

q Establece-lo grao de satisfacción e percepción dos membros da comunidade educativa sobre o funcionamento e organización do centro tendo en conta o seu grao de participación, de implicación, os procesos, traballo en equipo, actividades desenvolvidas, toma de decisións, impacto na sociedade, relacións co contorno, apertura, resultados nos procesos de ensinanza aprendizaxe, , clima escolar, avaliación do alumnado, orientación e titoría, consecución dos fins e obxectivos previstos e compromiso nos plans de mellora.

 

 



page | by Dr. Radut