Skip to Content

Recomendámosche

BIBLIOTECA ESCOLAR: TERRITORIO DAS ARTES

"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.

A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  

Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).

PLANTAS AROMÁTICAS

Na escola de San Paio estiveron traballando coas plantas aromáticas, por mor dos proxectos de Voz Natura e da Biblioteca que xiraban arredor do SOLO.

Picade na imaxe para ver todo o que fixeron

O LIBRO DE ALBA

A nai de Alba fíxolle este precioso libro e quixo compartilo con nós.

LIBRO DE NÚMEROS

A nai de Yaixa fixolle este precioso material para a escola de Francelos a partir do libro Números que iba na mochila viaxeira.

 

LIBRO DA AMIZADE

Na escola de San Paio fixeron un libro da amizade. Mirade que bonito lle quedou

PROXECTO DOCUMENTAL: O SOLO

O proxecto documental deste ano xirou arredor do SOLO. Estes son algúns dos traballos que realizamos

A partir do libro Había una vez una semilla

 
Co libro Historia de un árbol elaboramos o noso propio conto
 
 
Co libro En el suelo fixemos estas cousiñas
 
A partir do libro dos Bolechas Que é o solo, aprendemos moitas cousas
 
 
Tamén fixemos os nosos debuxos
 
E elaboramos o Abecedario da natureza
 

RESUMO ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS

Na seguinte presentación podedes ver algúns dos traballos que realizamos durante a semana das Letras Galegas, adicadas a Manuel María.

 
A continuación podedes ver os videos da convivencia que fixemos co CEIP Castrelo de Miño para festexar o Día das Letras Galegas.
Video de benvida
Poema Arco da Vella
 
O sol
 
A lúa
 
 Galicia
Burro
 
 
O poema "Eu quixera", composto entre todos os nenos e nenas de Astariz
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
O caracol
 
 
Agora chegou o momento da música, do baile
 
 
Conto de lobos
 
 
E para rematar unhas copliñas cantadas polos nen@s

LETRAS GALEGAS 2016

 Actividades on-line do Seminario Galán

Ademáis a Casa da Cultura e a Biblioteca Pública de Ribadavia organizan as seguintes actividades para celebrar as Letras Galegas na nosa vila

O domingo 15 de maio as 17 h na Casa da Cultura estará Pablo Díaz, dentro do programa FALAREDES

        

E o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, as 12 h na Praza Maior estará Anxo Moure, dentro do programa Ler conta moito

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES

Estas son algunhas das lecturas que fixeron os alumnos de 1º e 2º de primaria aos máis pequenos do cole

 

 

 

 

A continuación tendes algúns videos da Asentada pola lectura feita na Praza Maior de Ribadavia

 

 

 

 

 

 

Por último, antes de empezar o bookcrossing no castelo de Ribadavia, Antonio, un pai dos nosos alumn@s deunos unha pequena explicación dos libros que había no castelo.

DO 7 AO 11 DE MARZO: SEMANA DA PRENSA

Nesta semana os nosos alumnos traballaron con xornais, ademais tamén as mestras de plástica fixeron os seus traballiños.

Distribuir contido


by Dr. Radut