Skip to Content

Recomendámosche

DÍA DA FAMILIA

O mércores 15 de maio fixemos entrega do agasallo do DÍA DA FAMILIA. Este ano como o cartel de bibliotecas leva o lema POÉTICAS DIVERSAS, reciclamos un tarro de cristal e dentro metémoslle "DOSIS DE LECTURAS PARA ALEGRAR A VIDA".

 

Radio Rosalía Xoaniña emisión dende a escola de San Cristovo

Aqui estamos de novo emitindo dende a nosa Radio Rosalía Xoaniña, este vez dende a escola de San Cristovo e traémosvos un programa ben feitiño... Agardamos que vos guste!!!

 

 

EXPOSICIÓN E TROCO DE LIBROS

Un ano máis tod@s @s alumn@s do cole trouxeron os seus libros favoritos das casas para facer intercambio c@s seus compañeir@s.

MADRIÑAS LECTORAS

As alumnas de primaria da escola de Francelos fixeron de madriñas e léronlle aos máis pequenos da escola.

VISITA GUIADA AO BOSQUE RIDIMOAS

O luns 29 de abril fixemos unha saída ata o bosque de Ridimoas, que está en Beade, moi preto da escola de San Cristovo.
Ridimoas é unha Asociación Cultural-Ecolóxica para a defensa e estudio dos bosques autóctonos.
Tivemos unha visita guiada, onde os nosos guías foron Pablo Rodríguez Fernández (Oitabén) e a súa filla Paula.
Ensináronnos moitas cousas sobre a flora (avea, xestas blancas, carballos, bugallos, hedras, érbedos, toxos, pereiras silvestres,..) e a fauna (larvas de píntega, píntegas)  de Ridimoas.
Foi unha xornada especial, onde aprendimos moitas cousas diferentes.

 

EL QUIJOTE

Así debuxaron o Quijote os alumnos da escola de Francelos.

ABRIL: MES DOS LIBROS

O 23 de abril, día do libro, comezamos o día asistindo ao contacontos "AMODO AMODIÑO" de Trécola Teatro na Casa de Cultura de Ribadavia. Despois visitamos a sala infantil da Biblioteca pública de Ribadavia e a exposición Alimenta o teu cerebro e Tere nos deu uns marcapáxinas conmemorativo do Día do Libro.

De regreso nas escolas, pintamos os marcapáxinas e rematamos os libros de madeira coa poesía que fixemos.

LIBRO DE POEMAS

Os alumn@s de San Paio fixeron un libro de poemas

 

21 MARZO: DÍA DA POESÍA

Este ano fomos celebrar o día da Poesía nos montes que temos arredor das nosas escolas.

 

 

Estas son algunhas das poesías que crearon os alumnos de 1º e 2º de primaria de San Cristovo.

 

V SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA

Na semana escolar da árbore e da auga fixemos varias actividades: construimos árbores con paus e bugallos, debuxamos e pintamos árbores no bosque, abrazamos as árbores,...

Tamén plantamos un bidueiro na escola de Francelos coa axuda dos mestres Álvaro, Mónica e Mª José.

En San Paio plantamos unha maceira coa axuda de Roberto, papá de Lucía, e despois fixemos un debuxo da plantación.

Tamén entregamos o conto que nos mandou a Diputación de Ourense para celebrar esta semana

 

Distribuir contido


by Dr. Radut