Skip to Content

Benvida ó curso 2022- 2023

Benvidos ao curso 2022- 2023, para presentar ao claustro de mestres

convocámosvos nas distintas escolas do CRA Amencer 

o mércores 7 de setembro co seguinte horario:

Francelos: 10:00 H.

San Cristovo : 11:15 H.

San paio : 12:30 H.

As clases comezarán o día 9 de setembro , por coincidir o 8 un festivo local.

Moitas grazas.

Excursión Ribeira Sacra

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia

Segundo o publicado no día de onte pola Dirección xeral de Saúde Pública de Galicia as novas directrices do uso das máscaras son as seguintes:

Resulta recomendable, con carácter voluntario, o uso da máscara no interior dos centros educativos tanto por parte do alumnado coma dos/as traballadores/as do centro.

Recoméndase especialmente para casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos o uso de forma constante da máscara e evitar actividades que impliquen quitala sen manter a distancia de seguridade de 1,5 metros con outras persoas (Ex.: comer ou beber en presenza doutras persoas). O uso da máscara nestas situacións debe ir acompañado doutras medidas de prevención como evitar o contacto con persoas de grupos vulnerables e reducir todo o posible as interaccións con outras persoas. Estas recomendacións deberán aplicarse durante 10 días dende inicio de síntomas, dende o diagnóstico (no caso de persoas asintomáticas) ou dende a data do último contacto (no caso de contactos estreitos). En calquera caso debe lembrarse a recomendación xeral de non asistir ao centro educativo se a sintomatoloxía inclúe cadros febrís.

 Pódese consultar o texto completo das directrices no arquivo que se publica coma adxunto.

 A partires de mañá, venres 22 de abril, a máscara deixa de ser obrigatoria para o alumnado e profesorado nos centros escolares, pasando a ser recomendable e de uso voluntario.

 Pregamos ás familias do alumnado que comuniquen ás titoras de cada escola si o seu fillo/a vai a seguir usando a máscara ou non para facilitar o control do seu uso. Tamén pregamos que, si é posible, non se envíe á escola a ningún neno/a que teña síntomas compatibles coa COVID sen consultar co seu pediatra.

 

 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36790

 

A voz do CRA : María Casares

Cine Mudo

Sesión de Cine

Día de Rosalía

Día da Paz

Encendido de Nadal

Distribuir contido


by Dr. Radut