Ola!!
Espero que todos e todas estedes moi ben. Esta semana é un pouco máis curta, así que só vos vou deixar tres actividades.
Espero que vos gusten e que pasedes un rato agradable nas vosas casas.
Apertas.
Actividade 1: Encesta o rollo.
Para esta actividade necesitades 4 rollos de papel hixíénico e un recipiente onde collan os catro rollos. Tedes que intentar meter os 4 rollos no recipiente da forma que se indica.
Preme na foto.
Actividade 2: A froita en equilibrio
Para esta actividade precisades unha regla e dous cordeis para atar nos extremos. Tal e como indica a foto.
Con este utensilio imos facer un reto para que coman un pouco de froita. Hai dous niveis de dificultade, douvos liberdade para facer o que pensedes que vos vai sair mellor. Bueno, si vos atrevedes cos dous tamén podedes. Nós utilizamos unha mazá.
O primeivo video é a opción fácil, o segundo a difícil.
Sorte!
Preme na imaxe
Preme na imaxe
Actividade 3: Posturas de equilibrio
Esta é unha actividade de equilibrio estáticio. Tedes que mandar 4 fotos facendo diferentes posturas de equilibrio.
As condicións son as seguintes:
1 foto apoiando 4 partes do corpo
1 foto apoiando 3 partes do corpo
1 foto apoiando 2 partes do corpo
1 foto apoiando 1 parte do corpo
Quén fai a postura máis orixinal?
Esta é a do Roque con tres partes do corpo: dous pés e unha man.
A XOGAR!!!