PROXECTO RÍOS 2019-2020
REVISTA A LAGOA XUÑO 2020
RELIXIÓN
OITAVO RETO DE MÚSICA
Ola nenas/os:
Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.
A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.
OITAVO E ÚLTIMO RETO (DO 05/06 AO 12/06 DO 2020):
VIAXANDO AO VERÁN A TRAVÉS DOS INSTRUMENTOS . A derradeira tarefa deste tempo de confinamento consistirá en viaxar polo mundo a través dos instrumentos musicais. O reto será que cada alumna e cada alumno investiguen un instrumento musical que exista no mundo. A continuación deberán debuxalo e decoralo como queiran nunha cartolina ou nun folio onde figurará o nome así como a súa procedencia. Para facilitar isto, deixo uns enlaces que poden axudar á confección da actividade.
http://www.lachacona.com/Instrumentos/listaamla.htm
http://www.ikuska.com/Africa/Etnologia/instrumentos_musicales.htm
http://mikelmusic2012.blogspot.com/p/instrumentos-de-europa_2624.html
Cando teñades todo isto feito, debedes mandalo ao seguinte enderezo de correo electrónico: musicacospeito@gmail.com
No caso de que a imaxe ocupe demasiado espazo ou non colla no devandito enderezo empregade We Transferpara mandar o arquivo.
Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións.
Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.
Ficheiros adxuntos:
VÍDEO DE RELIXIÓN. CANCIÓN
PRÍNCIPE DE EGIPTO. CANCIÓN DE LA LIBERACIÓN DEL PUEBLO DE ISRAEL
"WHEN YOU BELEAVE"
SÉTIMO RETO DE MÚSICA
Ola nenas/os:
Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.
A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.
SÉTIMO RETO (DO 29/05 AO 05/06 DO 2020):
TRABALINGUAS MUSICAL O voso traballo neste reto consistirá en dicir un trabalinguas a dúas velocidades. A primeira vez, debedes lelo de maneira pausada, cunha velocidade normal. A segunda vez farédelo o máis rápido posible que poidades. Para facer este reto haberá dous trabalinguas: un para Educación Infantil e outro para Educación Primaria. Serán os seguintes:
Educación Infantil: “ O VIOLÍN SOARÁ, A GUITARRA SOARÁ, O PIANO SOARÁ E SOARÁ, PORQUE TODOS NA FESTA MOI LEDOS ESTARÁN”
Educación Primaria: “ A TROMPETA ESTÁ ENTROMPETADA, QUEN A DESENTROMPETARÁ? O DESENTROMPETADOR QUE A DESENTROMPETE, BO DESENTROMPETADOR SERÁ”
Cando o teñades feito, debedes enviar un arquivo de vídeo ao seguinte enderezo de correo electrónico: musicacospeito@gmail.com
No caso de que o vídeo ocupe demasiado espazo ou non colla no devandito enderezo empregade We Transferpara mandar o arquivo.
Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións.
Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.
SEXTO RETO DE MÚSICA
Ola nenas/os:
Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.
A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.
SEXTO RETO (DO 22/05 AO 29/05 DO 2020):
TOCA CANTAR O voso traballo neste reto consistirá en escoller a canción que máis vos guste. Podedes poñela nun ordenador ou nun teléfono con volume baixo e a continuación cantala en voz alta. Para facer esta actividade debedes gravar un vídeo que non exceda dun minuto de duración. En canto o teñades, mandádelo ao seguinte enderezo : musicacospeito@gmail.com
No caso de que o vídeo ocupe demasiado espazo ou non colla no devandito enderezo empregade We Transfer para mandar o arquivo.
Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións.
Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.
RELIXIÓN: PELÍCULA INFANTIL "JOSÉ, REY DE LOS SUEÑOS"
En este enlace podéis ver esta película:
https://recursosdesperanza.blogspot.com/2017/02/pelicula-infantil-jose-rey-de-los.html
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »