OITAVO RETO DE MÚSICA

 

Ola nenas/os:

 Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.

 A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.

 OITAVO E ÚLTIMO RETO (DO 05/06 AO 12/06 DO 2020):

 VIAXANDO AO VERÁN A TRAVÉS DOS INSTRUMENTOS . A derradeira tarefa deste tempo de confinamento consistirá en viaxar polo mundo a través dos instrumentos musicais. O reto será que cada alumna e cada alumno investiguen un instrumento musical que exista no mundo. A continuación deberán debuxalo e decoralo como queiran nunha cartolina ou nun folio onde figurará o nome así como a súa procedencia. Para facilitar isto, deixo uns enlaces que poden axudar á confección da actividade.

 http://www.lachacona.com/Instrumentos/listaamla.htm

 

 http://www.ikuska.com/Africa/Etnologia/instrumentos_musicales.htm

 

 http://mikelmusic2012.blogspot.com/p/instrumentos-de-europa_2624.html

 Cando teñades todo isto feito, debedes mandalo ao seguinte enderezo de correo electrónico: musicacospeito@gmail.com

 No caso de que a imaxe ocupe demasiado espazo ou non colla no devandito enderezo empregade We Transferpara mandar o arquivo.

Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións.

Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.

 

Ficheiros adxuntos:

OITAVO RETO DE MÚSICA DOCX

OITAVO RETO DE MÚSICA PDF 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer