SÉTIMO RETO DE MÚSICA

 

Ola nenas/os:

 Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.

 A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.

 SÉTIMO RETO (DO 29/05 AO 05/06 DO 2020):

 TRABALINGUAS MUSICAL O voso traballo neste reto consistirá en dicir un trabalinguas a dúas velocidades. A primeira vez, debedes lelo de maneira pausada, cunha velocidade normal. A segunda vez farédelo o máis rápido posible que poidades. Para facer este reto haberá dous trabalinguas: un para Educación Infantil e outro para Educación Primaria. Serán os seguintes:

 Educación Infantil: “ O VIOLÍN SOARÁ, A GUITARRA SOARÁ, O PIANO SOARÁ E SOARÁ, PORQUE TODOS NA FESTA MOI LEDOS ESTARÁN”

Educación Primaria: “ A TROMPETA ESTÁ ENTROMPETADA, QUEN A DESENTROMPETARÁ? O DESENTROMPETADOR QUE A DESENTROMPETE, BO DESENTROMPETADOR SERÁ”

 Cando o teñades feito, debedes enviar un arquivo de vídeo ao seguinte enderezo de correo electrónico: musicacospeito@gmail.com

No caso de que o vídeo ocupe demasiado espazo ou non colla no devandito enderezo empregade We Transferpara mandar o arquivo.

 Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións.

 Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.

 

 SÉTIMO RETO DE MÚSICA PDF

SÉTIMO RETO DE MÚSICA ODT

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer