COMUNICACIÓN OBRIGATORIA DE SINTOMATOLOXÍA COMPATIBLE COA COVID
No caso de que se detectase sintomatoloxía compatible coa COVID na casa, o alumnado non acudirá ao centro e el/ela ou a súa familia contactará inmediatamente co centro de saúde de referencia do alumno/a e con algunha das persoas membros do equipo COVID.
Cadernos de Inglés ESO
NO CURSO 2020/21 NON SERÁ NECESARIO MERCAR OS CADERNOS DE INGLÉS DE ACTIVIDADES (WORKBOOK), EN TODA A ETAPA DE ESO.
CAMBIO NAS DATAS: INICIO DE CURSO DE ESO
DATAS INICIO DO CURSO:
- 23 de Setembro, mércores: incorpóranse ao centro 1º e 2º de ESO.
- 24 de Setembro, xoves: ademais dos de 1º e 2º de ESO, incorpóranse 3º de ESO.
- 25 de Setembro, venres: 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.
DATAS DE INICIO DE CURSO 2020-2021
Incorporación gradual do alumnado.
1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil e 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.
2. O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.
3. O día 16 de setembro incorporarase o alumnado de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria.
4. O día 17 de setembro incorporarase o alumnado de 3º de educación secundaria obrigatoria.
5. O día 18 de setembro incorporarase o alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria.
NOTA: O ALUMNADO DE PRIMARIA E SECUNDARIA DEBERÁN LEVAR UNHA SEGUNDA MÁSCARA DE RECAMBIO NUN ESTOXO OU BOLSA DE TELA.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »