DATAS DE INICIO DE CURSO 2020-2021
Incorporación gradual do alumnado.
1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil e 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.
2. O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.
3. O día 16 de setembro incorporarase o alumnado de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria.
4. O día 17 de setembro incorporarase o alumnado de 3º de educación secundaria obrigatoria.
5. O día 18 de setembro incorporarase o alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria.
NOTA: O ALUMNADO DE PRIMARIA E SECUNDARIA DEBERÁN LEVAR UNHA SEGUNDA MÁSCARA DE RECAMBIO NUN ESTOXO OU BOLSA DE TELA.