Skip to Content

VISITA DOS NOSOS NOVOS COMPAÑEIROS

Onte visitáronnos os alumnos do CRA que serán os nosos novos compañeiros de 1º de Primaria para o curso 2016/2017. 
 
 Preme na seguinte ligazón para ver o vídeo.

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

 

Para ver as fotos, premede na imaxe.

Volve de novo ao CPI do Toural, un ano máis,  a actividade "AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN", e con ela a emoción de poder escoitar aos familiares dos alumnos contando un conto a toda a clase. Agardamos a vosa participación!!!

Maxia no Toural

A maxia invadiu o CPI do Toural!

 

Maxia no TOURAL from cpidotoural on Vimeo.

Celebración do Día das Letras Galegas

O pasado xoves, para celebrar o día das Letras Galegas, rematamos de gravar un vídeo en defensa da nosa lingua.Aquí temos o resultado!

 

MEU O MUNDO É. CPI do Toural from cpidotoural on Vimeo.

Visita ás Salinas de Ulló cos compañeiros portugueses. 3º da ESO. Abril 2016

O novo xardín do noso Centro

CORRELINGUA 2016

Este curso participamos no Correlingua 2016 celebrado o día 2 de maio na cidade de Pontevedra o alumnado de Primaria e primeiro curso de Secundaria.

 

Premede no cartaz para ver fotos da marcha.

 

 

Visita a Lugo. Secundaria

VISITA A LUGO

26 de abril de 2016

 

LISTADO DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2016-2017

 

Premede debaixo para ver o listado definitivo do alumnado admitido para o vindeiro curso 2016-2017.

 

Secundaria; excursión a Santiago: MeteoGalicia e Museo de Historia Natural

O pasado 6 de abril fomos os dous grupos de 1º da ESO xunto con alumnos de 4º a Santiago, a visitar MeteoGalicia e o Museo de Historia Natural. Neste video podedes ver un resumo desta interesante visita.

VISITA AO SALÓN DO LIBRO

 

 Preme nas fotos para ir a galería

     Como en cursos anteriores, despois de participar, fomos visitar o espazo adicado ao Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra; este ano co título "Canta bichería".

O noso Touribicho Aniñalibros, aniñou unha morea de libros distintos. Animádevos a visitar o Salón. 

VACANTES CURSO 2016-2017

Xa se poden consultar as VACANTES ofertadas para o CURSO 2016-2017. 

Para acceder á información premer AQUÍ.

O prazo de solicitude é do martes 1 ao martes 29 de marzo. Premer para máis información.

Celebramos a Rosalía

O día 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. Durante todo o mes de febreiro, estivéronse a realizar moitas actividades.

En Infantil e Primaria realizamos unha postal con estrofas de poemas de Rosalía e fomos co alumnado ata Correos para que as recibiran na casa aproximadamente o día de Rosalía.

http://www.sermosgaliza.gal/media/sermosgaliza/images/2013/02/22/2013022211451156582.jpg

 

 

 

Visita de Ana Ulla

O luns, día 15 de febreiro, de 16:00 a 17:40, visitou o noso centro Ana Ulla Miguel, astrofísica da Universidade de Vigo e veciña de Vilaboa.

Ofreceu unha charla ao alumnado de 1º de ESO, e tiveron a oportunidade de facerlle preguntas sobre a súa especialidade e a súa primeira novela, acabada de publicar e co título "Desde el jardín, las estrellas" e dirixida a nenos a partires dos 10 anos. Estivo acompañada pola ilustradora.

Entroido no Toural

No entroido deste curso pasámolo moi ben, bailamos moito e probamos os fabulosos postres que fixeron os nosos compañeiros para o concurso. Nos seguintes vídeos poderedes ver un pequeno resumo da celebración.

 

 

  

 

Visita a Coruña

Visita a Coruña: Domus, Aquarium e Casa das Ciencias

Xaneiro de 2016. 3º de E.S.O.

(Premer na foto para ver a galería de imaxes)

PLAN DE CONSUMO DE FROITA

Caixas solidarias

O mundo que queremos

No Mundo que Queremos falamos varias linguas con distintos acentos. Compartimos realidades en diferentes contextos. Por iso sacamos as cámaras e afiamos os lapis e as voces, para contar as historias que se agochan nos nosos pequenos mundos.

        

Video-conferencia DÍA DA CIENCIA

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 Preme na imaxe para ver as fotos

 

 

Distribuir contido


CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

by Dr. Radut