Misión Biolóxica
O día 23 de novembro fomos á Misión Biolóxica (que se atopa ben cerquiña do colexio, en Salcedo, nada menos) e por un día traballamos case como se fósemos científicos.
Ao chegar xa quedamos impactados coas grandes extensións de terreo que se adican aos cultivos, o precioso xardín e o gran pazo, modificado por dentro para albergar a máis moderna tecnoloxía e ser, así, o edificio principal.
(Preme na foto para ver a galería fotográfica)
Para que a nosa visita fose máis amena organizárona en catro talleres:
- O primeiro para comprobar a resistencia á seca dalgunhas sementes.
- O segundo para ver o daño que causaban os talachos (uns pequenos insectos) no millo.
- No terceiro ensináronnos a conservar sementes, en concreto, as brassicas (estas son as berzas).
- No cuarto vimos a importancia do nitróxeno na terra para algún cultivos.
Ao final da visita, fomos ata o pequeño museo e demos un paseo ao longo do xardín, onde a nosa guía aproveitou para explicarnos a orixe do pazo e da Misión Biolóxica.