O pasado 16 de maio participamos na actividade de Correlingua 2019 en Pontevedra xunto con outros centros da contorna. Para ver máis fotos, premede aquí.
O alumnado de 6º de Primaria e 1º de ESO realizaron coa colaboración do grafitero Ras e, patrocinado pola Deputación de Pontevedra, un grafiti á entrada do pavillón do centro.
Este grafiti foi inaugurado pola presidenta da Deputación o luns 6 de maio.
Velaquí temos o vídeo preparado sobre as actividades levadas a cabo durante o 15 de maio ata o 28 polos distintos cursos de E.P e Infantil. Entre todos aprendemos información variada sobre María Victoria Moreno homenaxeada este ano no día das letras galegas.
O 25 de abril, fomos 3º e 4º de primaria de visita ao museo de Pontevedra. Como estamos facendo un proxecto sobre pintoras galegas, visitamos a zona que ten que ver con elas facendo unha actividade na que fomos verdadeiros detectives!