Skip to Content

Visita a Coruña

Visita a Coruña: Domus, Aquarium e Casa das Ciencias

Xaneiro de 2016. 3º de E.S.O.

(Premer na foto para ver a galería de imaxes)

  O día 18 fomos a unha saída ao DOMUS. Unha vez alí, reunímonos en grupos e fomos por todo o museo completando unhas preguntas que nos deran nun papel. Dentro do museo había dous pisos e en cada un deles xogos, curiosidades e datos para completar as preguntas. Fixemos unha pausa para comer e puidemos ver as vistas que tiña cara ó mar. Ao acabar tivemos uns cantos minutos para seguir completando as preguntas e poder xogar a algúns xogos.

  A seguinte parada foi o Acuario Fisterra. Alí explicáronnos moitas cousas como que aos tiburóns non lles gusta o sabor que temos os humanos, etc. Alí tamén completamos unha ficha para a cal precisábamos ler a información sobre os distintos tipos de peixes. Tamén xogamos a algúns xogos e comprobamos como se forman as olas.

  Por último fomos á Cidade das Ciencias, que opino que foi a mellor parte. Había moitos xogos e foi moi interesante ver as ilusións ópticas, etc. Alí tamén fixemos unha parada para comer, reunímonos uns amigos e comimos todos xuntos. 

  Pasámolo moi ben, pero volvimos un pouco máis tarde do normal!

  Aitana Pintos, 3º A de E.S.O.



CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

story | by Dr. Radut