Aproxímase a data de inicio de curso e, dadas as circunstancias especiais deste curso que iniciamos, a dirección do centro convoca a todas as familias a unha reunión informativa, antes do inicio das clases, na cal se vos presentará o Plan de adaptación ao contexto COVID, as normas de funcionamento, a organización das aulas, recreos e comedor e se vos aclararán todas as dúbidas ou precupacións que poidades ter ao respecto da prevención e as posibles incidencias sanitarias.
Así mesmo, dende a dirección do centro queremos aproveitar para transmitirvos unha mensaxe de tranquilidade e garantizarvos que o colexio está preparado para unha volta segura á vida escolar.
Se nos coidamos todos e respectamos as normas, todo irá ben.
As datas e horas de celebración das reunións de presentación son as seguintes:
Mércores 2 de setembro
|
10:00 h
|
Acollida 4º EI
|
Mércores 2 de setembro
|
12:00 h
|
5º e 6º de EI
|
Xoves 3 de setembro
|
10:00 h
|
1º e 2º de EP
|
Venres 4 de setembro
|
10:00 h
|
3º e 4º de EP
|
Luns 7 de setembro
|
10:00 h
|
5º e 6º de EP
|
Luns 14 de setembro
|
10:00 h
|
Acollida 1º ESO
|
Luns 14 de setembro
|
12:00 h
|
2º, 3º e 4º de ESO
|
As reunións, en función do número de asistentes, desenvolveranse no Salón de Actos (no edificio de Infantil) ou no espazo multiusos, ao que se accederá dende o patio exterior, e gardando as normas de desinfección de mans, distancia social e uso de máscaras establecidas.
Se non podedes asistir podedes participar na reunión de xeito telemático a través de videoconferencia. Para solicitar esta modalidade de participación só precisamos que nos remitades un correo electrónico a cpi.san.vicente@edu.xunta.gal solicitando participar na reunión informativa de xeito telemático. Unha vez recibida a vosa solicitude enviarémosvos ao voso correo electrónico unha invitación á reunión a víspera da mesma.