Skip to Content

1º EP, 2º EP, 3º EP, 4º EP, 5º EP, 6º EP, AL e PT, Complementarias e Extraescolares, Ed. Física, Ed. Infantil, Ed. Musical, Escolares, Idioma estranxeiro, Inglés 1º, Inglés 2º, Inglés 3º, Inglés 4º, Inglés 5º, Inglés 6º, Inglés Infantil, Relixión Católica, Seccións Bilingües

XOVES EXPERTOS: LAURA BUJ FÁLANOS SOBRE O CLARINETE

16/04/2019 10:00
Europe/Madrid

Rematamos os Xoves Expertos do mes de abril coa charla de Laura Buj, alumna de 4º de EP e estudante de Clarinete no CMUS de Santiago de Compostela

Amosounos as partes do instrumento, explicounos como se coloca a boca para poder sacarlle son e tamén interpretou para nós unhas pezas ben fermosas.

Coma sempre, premendo na foto, poderedes ver a galería da fotos. 

Laura Buj

GAÑADORES DO CONCURSO "BIODIVERSIÓN"

09/04/2019 11:52
Europe/Madrid

 

O cole está de noraboa porque 3 alumnos de 6º de Primaria veñen de ser galardonados no IX Concurso de Biodiversión organizado polo CSIC, FECYT e IIAC. 

 

Os galardonados son:

  • Anxo Areán Recarey co 1º Premio de Relatos.
  • Ismael Rey Lourido co 2º Premio de Relatos.
  • Martín Liñares Grille co 1º Premio de Debuxo.

Parabéns aos nosos artistas e pequenos científicos!!!

PROXECTO DE RECOMPILACIÓN DE PATRIMONIO INMATERIAL

08/04/2019 16:51
Europe/Madrid

 

 

Atención! Nova iniciativa da Biblioteca do cole!

"AXUDÁDEME A CANTAR": recompilación de cantigas de tradición oral

Dentro do proxecto ao redor do patrimonio cultural que impulsamos neste curso, achegámonos agora a unha parte do noso patrimonio inmaterial: a poesía de tradición oral, así como a música habitualmente asociada a ela.

Tedes un veciño que canta cancións "das de antes" a todas horas? A vosa nai lembra coplas que lle dicía a súa? A avoa dun amigo aínda se lembra de como tocaba a pandeireta cando era nova? Daquela... collede lapis e papel ou, aínda mellor, un aparello con que gravar audio ou vídeo e animádevos a axudarnos nesta procura!

 

Nos arquivos adxuntos tedes toda a información sobre como participar e tamén a ficha de recollida.

Proxecto patrimonio inmaterial

 

XOVES EXPERTOS: ISMAEL E OS DINOSAURIOS

04/04/2019 15:38
Europe/Madrid

Ismael e os dinosaurios

 

Hoxe, un xoves máis, poidemos escoitar na biblioteca a charla sobre Os Dinosaurios que impartiu o noso pequeno experto, Ismael Rey, de 6º de Primaria.

Ademáis hoxe estreabamos o noso equipo de proxección, que fará máis vistosas estas presentacións que están a ser un grandísimo éxito. 

Temos todos os xoves cubertos e lista de espera para o vindeiro curso!!!

Xa sabedes, clicade na foto para ver a galería de imaxes.

 

XOVES EXPERTOS: OLIVIA, AITANA, ALDARA, MARÍA E ÁLVARO, A FUNCIÓN DE RELACIÓN

02/04/2019 16:02
Europe/Madrid

O pasado xoves, un grupo de alumnas de 4º de EP faláronnos da función de relación nos seres vivos, dos nosos 5 sentidos e tamén dos nosos músculos e osos... Aprendimos con elas un pouco máis sobre como funciona o noso corpo e como podemos coidalo.

Se clicas na foto poderás ver a reportaxe gráfica.

 

XOVES EXPERTOS NA BIBLIOTECA: IRIA E NURIA

22/03/2019 11:34
Europe/Madrid

Unha semana máis de Xoves Expertos na que coñecemos o mundo da Ximnasia Rítmica da man de Nuria e Iria, alumnas de 6º de EP. Aprendemos os nomes de moitas figuras, como se estiran e entrenan, como se preparan para competir e o que son os pes de chourizo, jejeje. 

Clica na imaxe para ver as fotos...


SEMANA DAS ARTES: LUIS SEOANE

16/03/2019 11:12
Europe/Madrid

A semana do 8 ao 12 de abril, co gallo do Día das Artes Galegas, homenaxearemos a figura de Luis Seoane mediante a realización de obradoiros de arte da man de Silvia Capelo. 

Todo o alumnado de todas as etapas educativas desenvolverá o seu talento artístico e os corredores e paredes do noso centro lucirán fermosamente decorados.

Aquí tedes o cartel coas datas e horarios das actividades:

 

cartel seoane 2cartel semana seoane 1

XOVES EXPERTOS: ROSALÍA RODRÍGUEZ FÁLANOS DE CANADÁ

16/03/2019 11:01
Europe/Madrid

Este xoves 14 de marzo, reanudamos os Xoves Expertos na Biblioteca Escolar. 

Desta vez, Rosalía Rodríguez falounos da súa terra de orixe, Canadá, e aprendimos todos moitos sobre a súa cultura, lingua, fauna e organización territorial. Ela vai visitar á súa familia duas veces ao ano e sempre volve cunha boa reserva do delicioso sirope de arce que nos deu a probar Canso

Clicade na foto para ver a reportaxe!

rosalia rodriguez craven

PARTICIPANTES NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA SOBRE PATRIMONIO "MEMORIA EN CONSTRUCIÓN"

07/03/2019 20:37
Europe/Madrid

FOTOGRAFÍAS PREMIADAS NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA SOBRE PATRIMONIO "MEMORIA EN CONSTRUCIÓN"

04/03/2019 12:04
Europe/Madrid

Aquí tedes as fotografías premiadas no Concurso de Fotografía sobre Patrimonio Memoria en Construción, convocado pola Biblioteca Escolar.

A entrega de premios terá lugar o vindeiro luns 11 de marzo, ás 12 da mañá, no espazo multiusos do CPI San Vicente.

Parabéns ás persoas premiadas e moitísimas grazas a todos os autores e autoras das 90 fotos presentadas. Non foi doado, para o xurado, decidir entre tantas e tan fermosas fotos de elementos do noso patrimonio material.

Pronto publicaremos a totalidade das fotos!

 

 

FOTOGRAFIAS PREMIADAS 2019 por Mar Sueiro

Distribuir contido


by Dr. Radut