Skip to Content

Escolares, Ed. Infantil, 1º EP, 3º EP, 5º EP, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical, 2º EP, 4º EP, 6º EP, Seccións Bilingües, Inglés 1º, Inglés 2º, Inglés 3º, Inglés 4º, Inglés 5º, Inglés 6º, Inglés Infantil, Relixión Católica, AL e PT

Día do pai!

17/03/2020 10:54
Europe/Madrid

MOITO TE QUERO PAPÁ!

Aínda que ante a situación que se está a vivir tódolos días son iguais, as nosas pequenas e pequenos esperaban con ansia o vindeiro Xoves 19 de Marzo. Primeiro, e para ser sinceros, porque non habería cole J e despois porque celebrarían o Día do Pai e estaban a preparar unha sorpresiña.

Deixándovos expectantes por saber cal será (chegará, con retraso pero chegará), e ofrecémosvos aquí algúns enlaces para que poidades facer manualidades na casa para agasallar os papis e pasar un bo rato fomentando a creatividade e manipulación.

ANIVADEVOS!

 

Mensaxes de amor con pinzas

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                       https://www.manualidadesinfantiles.org/mensaje-de-amor-pinzas

 

 

Lapiceiro de goma eva para papá

 

 https://www.manualidadesinfantiles.org/lapicero-goma-eva-dia-del-padre

 

 

Material para imprimir

 

https://blogdecoraciones.com/tarjetas-para-el-dia-del-padre/

https://bloghogar.com/tarjetas-para-el-dia-del-padre/

PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DE 6º (16-20 DE MARZO)

17/03/2020 10:19
Europe/Madrid

No arquivo adxunto tedes as actividades para desenvolver na casa durante esta primeira semana na casa. Moito ánimo e escribide, se tedes calquera dúbida.

mirto@edu.xunta.gal

EDUCACIÓN INFANTIL: SEMANA 1

17/03/2020 10:12
Europe/Madrid

Boas familias!

Como dixemos imos a colgar xa as primeiras actividades para que podades comezar a facer cas nenas e nenos de infantil. 

A continuación, poñemosvos tres enlaces con fichas de grafomotricidade e lóxico-matemática pensadas para os tres niveis educativos.

Nos vindeiros días, teredes a vosa disposición tamén uns pequenos proxectos sobre os centros de interese que vimos na aula. 

OS ENLACES AS CARPETAS SON:
 
MATERIAL 3 ANOS:
 
 
MATERIAL 4 ANOS:
 
 
MATERIAL 5 ANOS:
 
 
 
Querémosvos recordar, por outra banda, que tan importante coma o traballo, é seguir unhas rutinas, xa que os máis pequenos son o que botarán en falta e polo que máis se verán alterados, por eso propoñemos tamén:
 
- Respetar os horarios de sono, deitarse e erguerse as mesmas horas que cando hai cole, polo menos, de Luns a Venres.
 
- Seguir mantendo o horario habitual de comidas e merendas, e a ser posible o CALENDARIO DE MERENDA SAUDABLE que seguiamos nas aulas.
 
- Aínda que pode resultar duro por gañar rápidez...é mellor deixar que as nenas e nenos vaian ó baño sós, laven as mans ou coman sen axuda, poñan e quiten eles a roupa...esto permitirálles seguir aprendendo a ser independentes e mellorará a súa confianza e sentido de sentirse "maiores".
 
- Facer asambleas: falar con elas e eles, saber o que lles preocupa, escoitalos!
 
- Leer un pouquiño cada día, coa súa axuda ou sin ela pero deixando voar a súa imaxinación!
 
- Darlles tempo e material co que fagan as súas propias creacións, que sigan sendo artistas e así practiquen coas tesoiras, punzos, plasti...para seguir exercitando a súa psicomotricidade fina.
 
- Se tedes a oportunidade, e contades con campo na vosa casa, que saían a correr ou xogar fóra, que se movan e se sintan libres aínda que sexa un anaquiño...
 
Será moi duro, para nós pero sobre todo para eles aínda que non o pareza, todos estamos a vivir algo histórico e temos que apoiarnos. Calquera cousiña que necesitedes, estamos dispoñibles polas nosas redes!
 
Unha aperta! Silvia e Henar.

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

16/03/2020 12:29
Europe/Madrid
Queridas familias:
 
Debido ao Estado de Alarma que nos toca vivir e despois de ser coñecedoras de tódalas medidas adoptadas...o Equipo de Infantil informa:
 
- A etapa de Educación Infantil é unha etapa complexa, onde o currículo é flexible e polo tanto non ten tanto contido académico que se poda seguir nos fogares xa que prima o desenvolvemento persoal, social e emocional das nosas pequenas e pequenos, polo que as rutinas, o xogo simbólico e a socialización son case ou máis importantes, que as fichas e o traballo individual.
 
 
Por este motivo, ningunha das dúas mestras pensamos que poñer "deberes" aos nosos castores para que fagan obrigatoriamente día tras día é necesario, nin para eles, nin para as familias que xa ven demasiado alterada a súa rutina.
 
 
Debido a iso, a nosa proposta é ofrecervos material para que o xestionedes como vos veña mellor, adaptandoo así os vosos tempos e, sobre todo, ós intereses das nenas e nenos.
 
 
A canle de comunicación e onde colgaremos todo, será esta páxina web e tamén as nosas Redes Sociais.
 
Atoparedes material de lectoescritura, matemáticas, proxectos... pero tamén ideas para facer cos máis pequenos da casa e xogos cos que levar mellor este retiro.
 
Sabemos o dífícil que é esta situación para todos, solo desexamos que pase pronto e moito ánimo!
 
Estamos en contacto!

O ALUMNADO DA BAÑA APOSTA POLA IGUALDADE

07/03/2020 13:13
Europe/Madrid

Nestes días o alumnado do centro está a adornar os corredores do noso centro con mensaxes pola igualdade para conmemorar o 8 de marzo.

 igualdade

Así mesmo, o alumnado de 5º de EP ven de realizar un fermoso video titulado "Cando sexa maior" no cal nos falan da igualdade de oportunidades e da liberdade de todas e todos para traballar, vivir, ler e amar libremente. 

E finalmente, en colaboración co SNL do noso Concello e dentro do proxecto Comparte en Galego, tamén vos presentamos o noso Comparte pola igualdade:

 

Traballando xuntos por un mundo máis xusto e igualitario. 

HORARIOS PERIODO DE ADAPTACIÓN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

04/09/2019 12:06
Europe/Madrid

Informamos dos horarios do período de adaptación do alumnado de 4º de Educación Infantil entre os días 11 e 20 de setembro.

 

 

XOVES EXPERTOS NA BIBLIOTECA: XOEL VILACOBA

29/04/2019 08:39
Europe/Madrid

Continúan con éxito os Xoves Expertos na biblioteca. Desta vez aprendimos moitísimo sobre as abellas grazas a Xoel Vilacoba quen, ademáis, nos deu a probar o delicioso mel das súas colmenas.

Preme na foto para ver as imaxes deste xoves!

XOVES EXPERTOS: LAURA BUJ FÁLANOS SOBRE O CLARINETE

16/04/2019 10:00
Europe/Madrid

Rematamos os Xoves Expertos do mes de abril coa charla de Laura Buj, alumna de 4º de EP e estudante de Clarinete no CMUS de Santiago de Compostela

Amosounos as partes do instrumento, explicounos como se coloca a boca para poder sacarlle son e tamén interpretou para nós unhas pezas ben fermosas.

Coma sempre, premendo na foto, poderedes ver a galería da fotos. 

Laura Buj

GAÑADORES DO CONCURSO "BIODIVERSIÓN"

09/04/2019 11:52
Europe/Madrid

 

O cole está de noraboa porque 3 alumnos de 6º de Primaria veñen de ser galardonados no IX Concurso de Biodiversión organizado polo CSIC, FECYT e IIAC. 

 

Os galardonados son:

  • Anxo Areán Recarey co 1º Premio de Relatos.
  • Ismael Rey Lourido co 2º Premio de Relatos.
  • Martín Liñares Grille co 1º Premio de Debuxo.

Parabéns aos nosos artistas e pequenos científicos!!!

XOVES EXPERTOS: ISMAEL E OS DINOSAURIOS

04/04/2019 15:38
Europe/Madrid

Ismael e os dinosaurios

 

Hoxe, un xoves máis, poidemos escoitar na biblioteca a charla sobre Os Dinosaurios que impartiu o noso pequeno experto, Ismael Rey, de 6º de Primaria.

Ademáis hoxe estreabamos o noso equipo de proxección, que fará máis vistosas estas presentacións que están a ser un grandísimo éxito. 

Temos todos os xoves cubertos e lista de espera para o vindeiro curso!!!

Xa sabedes, clicade na foto para ver a galería de imaxes.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut