Skip to Content

ESCOLA DE NAIS E PAIS: Como axudar aos nosos fillos e fillas no estudos?

03/06/2022 12:23
Europe/Madrid

 

Rematamos o curso de formación para nais e pais organizado pola ANPA en colaboración co CAFI, cunha interesantísima charla con Mercedes Urbiola Ituarte, Diplomada en Desarrollo humano familiar, Licenciada en Pedagoxía e Máster en Intervención en dificultades de aprendizaxe. Foi dcente en diversas Escolas Montessori en México e na actualidade é propietaria e guía da Escola Montessori de Galicia. 

Ten experiencia en aportar soporte pedagóxico en todos os niveis da escola;  promover procesos educativos incluíndo a atención directa e o apoio educativo a familias; organizar escolas de pais e nais; coordinar e realizar eventos de carácter educativo, e tamén no ámbito da elaboración de materiais pedagóxicos.

Unha charla que non vos podedes perder!

O martes 14 de xuño, as 16:00 horas no salón de actos do colexio. 

Coma noutras ocasións, a biblioteca escolar estará aberta e atendida para que poidades conciliar a asistencia á formación coa vosa vida familiar. 



story | by Dr. Radut