881 86 70 01
ESCOLA DE NAIS E PAIS: Afrontando as dificultades de aprendizaxe
22/03/2022 14:43
Europe/Madrid
Continuando coa Escola de Nais e Pais en colaboración co CAFI a ANPA Vieiro do Ensino convida a todas as familias a asistir á formación impartida por Mónica González Blanco, psicóloga e educadora, que abordará o tema das diversas dificultades de aprendizaxe e as pautas a seguir dende os fogares e a escola para lograr o éxito escolar e a construción dunha escola inclusiva e tan rica coma diversa.
A formación terá lugar o martes 5 de abril de 15:30 a 17:30 no salón de actos do centro.
Para a concilicación familiar, podedes deixar aos vosos fillos e fillas na Biblioteca Escolar, que conta con atención por parte dun docente de Educación Primaria.
Esperámosvos! Non faltedes!!