881 86 70 01
NOVA CANLE DE INSTAGRAM: COMPARTE EN GALEGO
03/03/2022 15:01
Europe/Madrid
O Equipo de Dinamización Lingüística estrea o perfil de Instagram do equipo de traballo Comparte en galego formado por alumnado e profesorado de ESO do CPI de San Vicente da Baña e do IES Xulián Magariños de Negreira, en colaboración co Servizo de Dinamización Lingüística dos concellos da Baña e Negreira
O obxectivo? Compartir e difundir nas redes sociais deseños e mensaxes de creación propia na nosa lingua.
Visita o noso perfil, comenta, comparte e síguenos en Instagram ou Facebook e, se che gustan as nosas imaxes, difúndeas nas túas redes co cancelo #comparteengalego
Comparte en galego!!