Skip to Content

Alimentos solidarios en 2º de EP

19/12/2020 11:08
Europe/Madrid

alumnado 2º EP

O alumnado de 2º de EP tiña prevista unha divertida mañá de patinaxe sobre xeo en Santa Comba o pasado xoves, unha actividade lúdica que ía acompañada dun acto de solidariedade, xa que todos e todas eles recolleron alimentos para entregar no Banco de Alimentos de Santa Comba nesa mesma xornada. 

As restriccións sanitarias impediron a súa saída, pero as nosas pequenas e pequenos non quixeron deixar de entregar os alimentos que recolleran, para que os doces de Nadal chegen a cantos mñais fogares mellor. 

Parabéns por este xesto de solidariedade ao grupo de 2º de EP e ao seu profe Ricardo. 

 



story | by Dr. Radut