881 86 70 01
APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES VOLUNTARIOS NO COMEDOR ESCOLAR
23/06/2020 17:49
Europe/Madrid
Queres colaborar na atención do comedor escolar?
As nais, pais, titores legais do noso centro que desexen colaborar de xeito voluntario nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que se atopan na Dirección do Centro.
Precisamos colaboradoras/es para o comedor de Infantil e Primaria de luns a venres e para a quenda de comedor de ESO dos mércores.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de setembro de 2020.
Se estás interesada/o en colaborar con nós, cubre a solicitude adxunta e entrégaa no centro en horario de 09:00 a 14:00 antes do 11 de setembro.
Moitas grazas!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
solicitude colaborador comedor escolar 20-21.pdf | 33.55 KB |