881 86 70 01
Eventos
Mar | ||
---|---|---|
Onte publicouse no DOG a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25. O prazo para presentar solicitudes comeza hoxe día 21 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2024 (incluído). As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes (recoméndase traer cubertos o anexo I e o anexo II da orde de convocatoria), ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos para o procedemento administrativo común. Os prazos establecidos polo centro para o procedemento (publicación de listaxes, reclamacións etc.) poden verse no arquivo anexo. Dado que o centro participa no programa E-Dixgal en 5.º e 6.º de Primaria e todos os cursos de ESO, as modalidades de participación a que pode ter dereito o noso alumnado son as seguintes: a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3.º e 4.º de Primaria. b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1.º e 2.º de Primaria, ou ben alumnado doutros cursos cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % (disposición adicional primeira) ou necesidades específicas de apoio educativo (disposición adicional segunda), a xuízo do centro docente. c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Primaria e ESO. |