Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Sábado Abril 27, 2024
Start: 27/04/2024 19:01

 Nesta semana do libro o alumnado de Infantil e Primaria tivo a sorte de recibir a visita de dúas autoras cuxas obras desfrutaron os pequenos e pequenas de Infantil e Primaria. Laura Suárez desenvolveu un obradoiro de ilustración co alumnado de 2º, 3º, 4º e 6º de EP a partir do seu fermoso libro Monte Pindo.

Charo Pita fixo desfrutar ao alumnado de Infantil e 1º de EP cunha divertida sesión de contacontos.

 

E os nosos pequenos reporteiros e reporteiras aproveitaron a súa visita para facerlle unha entrevista a cada unha das nosas convidadas.

Aquí podedes escoitar a entrevista do alumnado de 2º de Primaria a Laura Suárez:

E aquí a entrevista do alumnado de 1º de EP a Charo Pita: 

Xoves Maio 02, 2024
Mércores Maio 15, 2024
Start: 15/05/2024 12:39

Estamos ilusionados con transformar os espazos exteriores do centro na procura de conseguir uns patios onde convivir, xogar, crear e aprender en comunidade. 

Profesorado e alumnado estamos recollendo ideas, propostas, soños, pero precisamos tamén da colaboración e participación das familias, para que o resultado sexa o patio que queremos. 

 

Presentación Proyecto Creativo Moderno Azul de Mar Sueiro

A Asocicación de Familias e a Comisión de Patios do cole quere convidar a todas as familias interesadas en colaborar e aportar ideas para a transofrmación dos nosos patios a un café-encontro cos responsables da Cooperativa Miudiño, que terá lugar o vindeiro MÉRCORES 22 DE MAIO, ás 16:00 horas na BIBLIOTECA DO COLE. 

ESPERÁMOSVOS!!!

Martes Maio 21, 2024

Onte publicouse no DOG a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

O prazo para presentar solicitudes comeza hoxe día 21 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2024 (incluído).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes (recoméndase traer cubertos anexo I e o anexo II da orde de convocatoria), ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos para o procedemento administrativo común.

Os prazos establecidos polo centro para o procedemento (publicación de listaxes, reclamacións etc.) poden verse no arquivo anexo.

Dado que o centro participa no programa E-Dixgal en 5.º e 6.º de Primaria e todos os cursos de ESO, as modalidades de participación a que pode ter dereito o noso alumnado son as seguintes:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3.º e 4.º de Primaria.

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1.º e 2.º de Primaria, ou ben alumnado doutros cursos cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % (disposición adicional primeira) ou necesidades específicas de apoio educativo (disposición adicional segunda), a xuízo do centro docente.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Primaria e ESO.

Distribuir contido


by Dr. Radut