881 86 70 01
Eventos
Luns Xullo 03, 2023
Start: 03/07/2023 12:23
Hoxe publícase a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas da participación do fondo solidario de libros de texto, que no noso centro só afecta a 3.º e 4.º de Primaria.
Todas as solicitudes foron admitidas, aínda que algún solicitante recibe 0 libros. Podedes consultar a listaxe a través da aplicación Fondo Libros, ou no taboleiro do centro.
O prazo de reclamacións é de 2 días hábiles, é dicir, os días 4 e 5 de xullo.
A listaxe definitiva publicarase o día 10 de xullo, xunto coa lista de beneficiarios das axudas de material escolar. Os vales poderanse recoller a partir do día 11 de xullo.
Martes Xullo 04, 2023
Start: 04/07/2023 09:46
Xa está a disposición das familias o impreso de autodeclaración para o comedor escolar.
Nos arquivos adxuntos tedes as instrucións de comedor para o curso 23-24, o modelo a cubrir e as aclaracións para o cálculo da renda anual familiar.
Pregamos que as familias entreguen o impreso no centro, de xeito presencial ou a través de correo electrónico (cpi.san.vicente@edu.xunta.gal) antes do 31 de xullo, para a adxudicación de prazas e a organización do comedor.
Start: 04/07/2023 10:47
Dende hoxe ata o 8 de setembro permanecerá aberto o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2023/2024.
Poderán desenvolver esta tarefa:
-
nais, pais, titores legais ou acolledores familiares de alumnos/as que estean cursando no curso 2023-2024 estudos no centro docente respectivo. Estas persoas non poderán desempeñar as funcións de colaboración no comedor durante dous cursos escolares consecutivos.
Luns Xullo 10, 2023
Start: 10/07/2023 20:52
Hoxe publícase a listaxe definitiva de alumnado beneficiario do préstamo de libros de texto de Fondo Libros (3.º e 4.º de Primaria), que pode consultarse no taboleiro do centro e máis na aplicación da Consellaría. Nelas pódese ver tanto o número como as materias dos exemplares asignados.
Por outro lado, a partir de mañá martes 11 poden recollerse na administración do centro os vales para material escolar e para libros de texto (1.º e 2.º de Primaria e alumnado con NEE).
![Events at <em>CPI de San Vicente da Baña</em> Distribuir contido](/centros/cpisanvicente/misc/feed.png)