Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Febreiro 11, 2021
Start: 11/02/2021 12:41

Aquí estamos as nenas e nenos de Educación Infantil tod@s content@s e quentiñ@s celebrando o Entroido! Hoxe o Meco mandounos pixama...e mañá...aínda imos vir máis cómodos...Sorpresa!!!!!

A pesar de ser diferente...non deixa de ser especial!

Venres Febreiro 12, 2021
Start: 12/02/2021 13:48

Hoxe tocou vir cómodos e con todo posto...así de guapas e guapos lucían as nenas e nenos de infantil...

Recargade pilas este días de vacacións! Vémonos o Xoves 18!

 

Mércores Febreiro 17, 2021
Start: 17/02/2021 19:49

Plan para a mellora da Competencia Lingüística e o Tratamento integrado de linguas aprobado polo claustro de profesoras e profesores e integrado no Proxecto lingüístico de Centro.

Xoves Febreiro 18, 2021
Start: 18/02/2021 19:27

O vindeiro xoves 18 de febreiro o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO recibirá un obradoiro sobre Imaxes, influencers, pornografía e violencia de xénero, dentro do Plan de Igualdade de centro e impartido por Fademur Galicia (Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia), dentro do seu programa de Promoción de Valores en Igualdade nas escolas rurais.

Cartel informativo obradoiro igualdade

Sábado Febreiro 20, 2021
Start: 20/02/2021 13:34

Presentamos o primeiro episodio de A Baña Investiga, un novo programa da nosa canle de radio O son da Baña no cal publicaremos traballos de investigación desenvolvidos polo noso alumnado. 

Este primeiro episodio foi realizado por un grupo de 4 alumnas e alumnos de 1º de ESO qe quixeron saber máis sobre a moda sostible e o impacto ambiental da industria da moda. 

Venres Marzo 12, 2021
Start: 12/03/2021 10:23

A profe Noelia está a facer un Proxecto sobre os animais cas nenas e nenos de tres anos. Estes son algúns dos traballiños e investigacións que están levando a cabo!

Clasificamos os animais polo que comen e onde viven, fixemos pegadas no barro, coñecemos ó poliño Cocorico e incluso...tivemos visita dos "Bichos bola" na aula...están a pasalo pipa mentres aprenden un montón!!!

Vanse covertir en expertas e expertos dos seres vivos!!!

Boa fin de semana...e animámosvos a seguir investigando "animaladas en familia" :) 

Distribuir contido


by Dr. Radut