Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Outubro 29, 2020
Start: 29/10/2020 14:49

No documento adxunto podedes coñecer o horario de atención ás familias do profesorado de Infantil, Primaria e ESO durante o curso 2020-2021.

En cumprimento do protocolo derivado do contexto sanitario provocado pola COVID-19, as titorías realizaranse sempre con previa cita e prioritariamente de xeito telemático, por teléfono ou videoconferencia.

Se precisades unha cita presencial, será sempre respectando as normas sanitarias de hixiene de mans, emprego de máscara e distanciamento social. 

Venres Outubro 30, 2020
Start: 30/10/2020 11:20

No cole da Baña non queremos que o virus nos impida celebrar o magosto, así que, en colaboración coa ANPA e cumprindo con todos os protocolos sanitarios, o venres 30 de outubro comeremos castañas no recreo (se o tempo nolo permite, claro...).

Para iso precisamos da colaboración de todas as familias enviando por cada neno/a unha manchea de castañas xa picadas e un recipente para recollelas de xeito individual. 

Nas aulas de Infantil e Primaria xa están elaborando os seus cucuruchos personalizados, pero pregamos que o alumnado de ESO traia para ese día un recipiente para recoller as súas castañas, que pode ser un sinxelo brick de leite valeiro e cortado pola metade. 

O reparto das mesmas farao o profesorado nas zonas de recreo asignadas a cada grupo e respectando en todo momento as distancias de seguridade e as medidas sanitarias que marca o protocolo COVID de centro. 

Se algunha nai ou pai quere colaborar coa preparación das castañas e a distribución das mesmas en caixas por cursos, pode comunicar coa ANPA (ampavieirodoensino@gmail.com) ou coa dirección do centro para coñecer os detalles de organización. 

Distribuir contido


by Dr. Radut