881 86 70 01
Eventos
Venres Septembro 11, 2020
Start: 11/09/2020 12:11
A Consellería de Educación ven de publicar na súa web a decisión de adiar a incorporación ás aulas do alumnado de ESO para os días 23, 24 e 25 de setembro.
Neste enlace tedes a información ao respecto.
As reunións de presentación de curso mantéñense de todolos xeitos para o día 14 de setembro, tal e como estába previsto.
Luns Septembro 14, 2020
Start: 14/09/2020 18:47
No arquivo adxunto podedes consultar a presentación do plan de adaptación ao contexto COVID-19 par o curso 2020-2021 presentada hoxe ás familias de Educación Secundaria Obrigatoria.
Start: 14/09/2020 18:52
Se queredes recibir notificacións no voso teléfono das últimas publicacións da nosa web, podedes sobscribirvos á nosa canle informativa de Telegram clicando neste enlace:
https://t.me/joinchat/AAAAAFIctGrhJQGSz0pkqg
Start: 14/09/2020 19:02
Nos arquivos adxuntos podedes consultar e/ou descargar as normas básicas de funcionamento do centro do Plan de adaptación ao contexto COVID-19 para o curso 2020-2021 que presentamos ás familias de 3º e 4º e 5º e 6º de Primaria.
Mércores Septembro 16, 2020
Start: 16/09/2020 20:15
Na web do Ministerio de Educación podedes acceder á información e solicitude das Becas de ayuda a alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo.
Se precisades información ou asesoramento para a súa solicitude, concertade unha cita co orientador do centro chamando ao 881867001, 881867004 ou por correo electrónico a denis@edu.xunta.gal
Mércores Septembro 23, 2020
Start: 23/09/2020 18:46
Neste tríptico tedes toda a información sobre como facerse socias e colaborar coa ANPA Vieiro do Ensino.
Recordade que se vos facedes socios/as, so hai que pagar unha cota por familia, non por alumno/a.
Venres Septembro 25, 2020
Start: 25/09/2020 12:15
A próxima semana comezan a desenvolverse as actividades extraescolares de inglés organizadas pola ANPA Vieiro do Ensino no centro escolar.
A continuación tedes os horarios e datas establecidos. As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos /as poden dirixirse á ANPA Vieiro do Ensino por correo electrónico: ampavieirodoensino@gmail.com