Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Agosto 25, 2020
Start: 25/08/2020 10:03

Aproxímase a data de inicio de curso e, dadas as circunstancias especiais deste curso que iniciamos,  a dirección do centro convoca a todas as familias a unha reunión informativa, antes do inicio das clases, na cal se vos presentará o Plan de adaptación ao contexto COVID, as normas de funcionamento, a organización das aulas, recreos e comedor e se vos aclararán todas as dúbidas ou precupacións que poidades ter ao respecto da prevención e as posibles incidencias sanitarias. 

Así mesmo, dende a dirección do centro queremos aproveitar para transmitirvos unha mensaxe de tranquilidade e garantizarvos que o colexio está preparado para unha volta segura á vida escolar.

Se nos coidamos todos e respectamos as normas, todo irá ben. 

As datas e horas de celebración das reunións de presentación son as seguintes:

 

Mércores 2 de setembro

10:00 h

Acollida 4º EI

Mércores 2 de setembro

12:00 h

5º e 6º de EI

Xoves 3 de setembro

10:00 h

1º e 2º de EP

Venres 4 de setembro

10:00 h

3º e 4º de EP

Luns 7 de setembro

10:00 h

5º e 6º de EP

Luns 14 de setembro

10:00 h

Acollida 1º ESO

Luns 14 de setembro

12:00 h

2º, 3º e 4º de ESO

 

As reunións, en función do número de asistentes, desenvolveranse no Salón de Actos (no edificio de Infantil) ou no espazo multiusos, ao que se accederá dende o patio exterior, e gardando as normas de desinfección de mans, distancia social e uso de máscaras establecidas.

Se non podedes asistir podedes participar na reunión de xeito telemático a través de videoconferencia. Para solicitar esta modalidade de participación só precisamos que nos remitades un correo electrónico a cpi.san.vicente@edu.xunta.gal solicitando participar na reunión informativa de xeito telemático. Unha vez recibida a vosa solicitude enviarémosvos ao voso correo electrónico unha invitación á reunión a víspera da mesma.

 

Martes Septembro 01, 2020
Start: 01/09/2020 22:11

En cumprimento do Plan de adaptación ao contexto COVID-19 para o curso 2020-2021 e mentres non se produzan cambios na situación sociosanitaria, pola saúde e coidado de todos, pregamos que as nais e pais que acudan ás reunións de inicio de curso respecten as seguintes normas:

  • Traede posta a vosa máscara.
  • Accedede ao salón de actos, no edificio de Infantil, polo portalón de Infantil ou a través do patio exterior de ESO. Sen acceder ao interior do edificio principal salvo que sexa necesario para outras xestións administrativas.
  • Vide un único adulto por familia.
  • Ocupade os asentos libres (deixando sen ocupar os que están sinalados cun X vermello).
  • Respectade a distancia interpersoal de 1,5 m.
  • Dado que o aforo do salón é limitado, se pode ser, deixade as crianzas na casa.

Moitísimas grazas pola vosa comprensión e colaboración.

Se te coidas ti, coidámonos todos!

Mércores Septembro 02, 2020
Start: 02/09/2020 07:55

 

Para o correcto desenvolvemento do servizo de comedor escolar recisamos con urxencia:

  • dúas nais/pais colaboradores para o comedor escolar de Infantil e Primaria
  • Dúas nais/pais colaboradoras para o comedor de ESO (só mércores).

As persoas interesadas, cubride o documento anexo e entregádeo no colexio ou enviádeo por correo electrónico (cpi.san.vicente@edu.xunta.gal) antes do 9 de setembro

Moitas grazas!

 

 

Start: 02/09/2020 20:38

Segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educatva pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21 nos centros docentes sostdos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a incorporación do alumnado ás aulas para o inicio de curso 2020-2021 será gradual e nas seguintes datas: 

  • O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil, 1º, 2º e 3º de primaria.
  • O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil, e 4º, 5º e 6º de educación primaria.
  • O día 16 de setembro incorporarase o alumnado de 1º e 2º de ESO.
  • O día 17 de setembro incorporarase o alumnado de 3º de ESO.
  • O día 18 de setembro incorporarase o alumnado de 4º de ESO.
Xoves Septembro 03, 2020
Start: 03/09/2020 15:29

No arquivo adxunto podedes consultar e/ou descargar a presentación para o alumnado de 4º de Educación infantil.

Start: 03/09/2020 15:31

No documento adxunto podedes consultar e/ou descargar a presentación do curso 2020-2021 para 5º e 6º de Educación infantil.

Start: 03/09/2020 16:07

No arquivo adxunto podedes consultar e/ou descargar a presentación do curso 2020-2021 para o alumnado e familias de 1º e 2º de Primaria.

Venres Septembro 11, 2020
Start: 11/09/2020 12:11

A Consellería de Educación ven de publicar na súa web a decisión de adiar a incorporación ás aulas do alumnado de ESO para os días 23, 24 e 25 de setembro.

Neste enlace tedes a información ao respecto.

As reunións de presentación de curso mantéñense de todolos xeitos para o día 14 de setembro, tal e como estába previsto.

Luns Septembro 14, 2020
Start: 14/09/2020 18:47

No arquivo adxunto podedes consultar a presentación do plan de adaptación ao contexto COVID-19 par o curso 2020-2021 presentada hoxe ás familias de Educación Secundaria Obrigatoria. 

Start: 14/09/2020 18:52

Se queredes recibir notificacións no voso teléfono das últimas publicacións da nosa web, podedes sobscribirvos á nosa canle informativa de Telegram clicando neste enlace: 

https://t.me/joinchat/AAAAAFIctGrhJQGSz0pkqg

Start: 14/09/2020 19:02

Nos arquivos adxuntos podedes consultar e/ou descargar as normas básicas de funcionamento do centro do Plan de adaptación ao contexto COVID-19 para o curso 2020-2021 que presentamos ás familias de 3º e 4º e 5º e 6º de Primaria.

 

Mércores Septembro 16, 2020
Start: 16/09/2020 20:15

Na web do Ministerio de Educación podedes acceder á información e solicitude das Becas de ayuda a alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo.

 

Se precisades información ou asesoramento para a súa solicitude, concertade unha cita co orientador do centro chamando ao 881867001, 881867004 ou por correo electrónico a denis@edu.xunta.gal

Distribuir contido


by Dr. Radut