881 86 70 01
Eventos
Martes Agosto 25, 2020
Start: 25/08/2020 10:03
Aproxímase a data de inicio de curso e, dadas as circunstancias especiais deste curso que iniciamos, a dirección do centro convoca a todas as familias a unha reunión informativa, antes do inicio das clases, na cal se vos presentará o Plan de adaptación ao contexto COVID, as normas de funcionamento, a organización das aulas, recreos e comedor e se vos aclararán todas as dúbidas ou precupacións que poidades ter ao respecto da prevención e as posibles incidencias sanitarias.
Así mesmo, dende a dirección do centro queremos aproveitar para transmitirvos unha mensaxe de tranquilidade e garantizarvos que o colexio está preparado para unha volta segura á vida escolar.
Se nos coidamos todos e respectamos as normas, todo irá ben.
As datas e horas de celebración das reunións de presentación son as seguintes:
Mércores 2 de setembro |
10:00 h |
Acollida 4º EI |
Mércores 2 de setembro |
12:00 h |
5º e 6º de EI |
Xoves 3 de setembro |
10:00 h |
1º e 2º de EP |
Venres 4 de setembro |
10:00 h |
3º e 4º de EP |
Luns 7 de setembro |
10:00 h |
5º e 6º de EP |
Luns 14 de setembro |
10:00 h |
Acollida 1º ESO |
Luns 14 de setembro |
12:00 h |
2º, 3º e 4º de ESO |
As reunións, en función do número de asistentes, desenvolveranse no Salón de Actos (no edificio de Infantil) ou no espazo multiusos, ao que se accederá dende o patio exterior, e gardando as normas de desinfección de mans, distancia social e uso de máscaras establecidas.
Se non podedes asistir podedes participar na reunión de xeito telemático a través de videoconferencia. Para solicitar esta modalidade de participación só precisamos que nos remitades un correo electrónico a cpi.san.vicente@edu.xunta.gal solicitando participar na reunión informativa de xeito telemático. Unha vez recibida a vosa solicitude enviarémosvos ao voso correo electrónico unha invitación á reunión a víspera da mesma.
Martes Septembro 01, 2020
Start: 01/09/2020 22:11
En cumprimento do Plan de adaptación ao contexto COVID-19 para o curso 2020-2021 e mentres non se produzan cambios na situación sociosanitaria, pola saúde e coidado de todos, pregamos que as nais e pais que acudan ás reunións de inicio de curso respecten as seguintes normas:
- Traede posta a vosa máscara.
- Accedede ao salón de actos, no edificio de Infantil, polo portalón de Infantil ou a través do patio exterior de ESO. Sen acceder ao interior do edificio principal salvo que sexa necesario para outras xestións administrativas.
- Vide un único adulto por familia.
- Ocupade os asentos libres (deixando sen ocupar os que están sinalados cun X vermello).
- Respectade a distancia interpersoal de 1,5 m.
- Dado que o aforo do salón é limitado, se pode ser, deixade as crianzas na casa.
Moitísimas grazas pola vosa comprensión e colaboración.
Se te coidas ti, coidámonos todos!
Mércores Septembro 02, 2020
Start: 02/09/2020 07:55
Para o correcto desenvolvemento do servizo de comedor escolar recisamos con urxencia:
- dúas nais/pais colaboradores para o comedor escolar de Infantil e Primaria
- Dúas nais/pais colaboradoras para o comedor de ESO (só mércores).
As persoas interesadas, cubride o documento anexo e entregádeo no colexio ou enviádeo por correo electrónico (cpi.san.vicente@edu.xunta.gal) antes do 9 de setembro.
Moitas grazas!
Start: 02/09/2020 20:38
Segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educatva pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21 nos centros docentes sostdos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a incorporación do alumnado ás aulas para o inicio de curso 2020-2021 será gradual e nas seguintes datas:
- O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil, 1º, 2º e 3º de primaria.
- O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil, e 4º, 5º e 6º de educación primaria.
- O día 16 de setembro incorporarase o alumnado de 1º e 2º de ESO.
- O día 17 de setembro incorporarase o alumnado de 3º de ESO.
- O día 18 de setembro incorporarase o alumnado de 4º de ESO.
Xoves Septembro 03, 2020
Start: 03/09/2020 15:29
No arquivo adxunto podedes consultar e/ou descargar a presentación para o alumnado de 4º de Educación infantil.
Start: 03/09/2020 15:31
No documento adxunto podedes consultar e/ou descargar a presentación do curso 2020-2021 para 5º e 6º de Educación infantil.
Start: 03/09/2020 16:07
No arquivo adxunto podedes consultar e/ou descargar a presentación do curso 2020-2021 para o alumnado e familias de 1º e 2º de Primaria.
Venres Septembro 11, 2020
Start: 11/09/2020 12:11
A Consellería de Educación ven de publicar na súa web a decisión de adiar a incorporación ás aulas do alumnado de ESO para os días 23, 24 e 25 de setembro.
Neste enlace tedes a información ao respecto.
As reunións de presentación de curso mantéñense de todolos xeitos para o día 14 de setembro, tal e como estába previsto.
Luns Septembro 14, 2020
Start: 14/09/2020 18:47
No arquivo adxunto podedes consultar a presentación do plan de adaptación ao contexto COVID-19 par o curso 2020-2021 presentada hoxe ás familias de Educación Secundaria Obrigatoria.
Start: 14/09/2020 18:52
Se queredes recibir notificacións no voso teléfono das últimas publicacións da nosa web, podedes sobscribirvos á nosa canle informativa de Telegram clicando neste enlace:
https://t.me/joinchat/AAAAAFIctGrhJQGSz0pkqg
Start: 14/09/2020 19:02
Nos arquivos adxuntos podedes consultar e/ou descargar as normas básicas de funcionamento do centro do Plan de adaptación ao contexto COVID-19 para o curso 2020-2021 que presentamos ás familias de 3º e 4º e 5º e 6º de Primaria.
Mércores Septembro 16, 2020
Start: 16/09/2020 20:15
Na web do Ministerio de Educación podedes acceder á información e solicitude das Becas de ayuda a alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo.
Se precisades información ou asesoramento para a súa solicitude, concertade unha cita co orientador do centro chamando ao 881867001, 881867004 ou por correo electrónico a denis@edu.xunta.gal