881 86 70 01
Eventos
Martes Agosto 25, 2020
Start: 25/08/2020 10:03
Aproxímase a data de inicio de curso e, dadas as circunstancias especiais deste curso que iniciamos, a dirección do centro convoca a todas as familias a unha reunión informativa, antes do inicio das clases, na cal se vos presentará o Plan de adaptación ao contexto COVID, as normas de funcionamento, a organización das aulas, recreos e comedor e se vos aclararán todas as dúbidas ou precupacións que poidades ter ao respecto da prevención e as posibles incidencias sanitarias.
Así mesmo, dende a dirección do centro queremos aproveitar para transmitirvos unha mensaxe de tranquilidade e garantizarvos que o colexio está preparado para unha volta segura á vida escolar.
Se nos coidamos todos e respectamos as normas, todo irá ben.
As datas e horas de celebración das reunións de presentación son as seguintes:
Mércores 2 de setembro |
10:00 h |
Acollida 4º EI |
Mércores 2 de setembro |
12:00 h |
5º e 6º de EI |
Xoves 3 de setembro |
10:00 h |
1º e 2º de EP |
Venres 4 de setembro |
10:00 h |
3º e 4º de EP |
Luns 7 de setembro |
10:00 h |
5º e 6º de EP |
Luns 14 de setembro |
10:00 h |
Acollida 1º ESO |
Luns 14 de setembro |
12:00 h |
2º, 3º e 4º de ESO |
As reunións, en función do número de asistentes, desenvolveranse no Salón de Actos (no edificio de Infantil) ou no espazo multiusos, ao que se accederá dende o patio exterior, e gardando as normas de desinfección de mans, distancia social e uso de máscaras establecidas.
Se non podedes asistir podedes participar na reunión de xeito telemático a través de videoconferencia. Para solicitar esta modalidade de participación só precisamos que nos remitades un correo electrónico a cpi.san.vicente@edu.xunta.gal solicitando participar na reunión informativa de xeito telemático. Unha vez recibida a vosa solicitude enviarémosvos ao voso correo electrónico unha invitación á reunión a víspera da mesma.