881 86 70 01
Eventos
Domingo Maio 24, 2020
Start: 24/05/2020 20:43
Hoxe Valentina quere presentarvos a Daniela!!! Unha nena de seis anos que vive en Narón e estuda no colexio de San Sadurniño.
Que derrocha simpatía, ganas de aprender e ilusión ídelo percibir cando a escoitedes....que é moi importante para Valentina dígovolo eu!!!
Acompañada pola súa superheroína Megapower vainos ler algunhas das páxinas de Max e os superheroes.
Se vos gustou este anaquiño do conto, aquí vos deixamos un vídeo no que podedes velo ao completo.
Por último, Valentina deixavos unha reseña do conto que fixeron na Librería Couceiro.
Ata a próxima nenos e nenas!
Martes Maio 26, 2020
Start: 26/05/2020 11:05
Durante este confinamento, os nenos e nenas de 5º e 6º de EP foron facendo distintos traballos nas súas casas que imos ir mostrando neste espazo.
Comezamos con este traballo onde se buscaba acadar un efercto 3D.
Aquí temos algúns exemplos.
Mércores Maio 27, 2020
Start: 27/05/2020 09:48
O seguinte traballo que fixemos durante o confinamento consistiu en buscar o efecto de profundidade dun burato por medio de trazos de liñas rectas ou curvas.
Está claro que para buscar o efecto visual hai que encontar a perspectiva adecuada, pero penso que quedaron ben chulos.
Martes Xuño 02, 2020
Start: 02/06/2020 11:25
Outra das actividades que fixemos durante o confinamento, debuxos plegables que nun principio representa un animal e ao desplegalo... sorpresa!
Aquí temos algúns exemplos que quedaron ben chulos!
Mércores Xuño 03, 2020
Start: 03/06/2020 12:46
Novo traballo en Plástica neste confinamento.
Colocando as nosas mans de diferentes maneiras, debuxamos as súas contornas para despois ir ao detalle e elaborar debuxos de animais, plantas...
Unha maneira creativa de levar a cabo debuxos de calidade sen a necesidade de que se nos teña que dar ben o debuxo.
Xoves Xuño 04, 2020
Start: 04/06/2020 11:45
Se nos anteriores traballos utilizamos a contorna das nosas mans para facer debuxos, nesta nova actividade usamos números para as nosas creacións.
Desta maneira, en base ao 1, 3, ou 6... elaboramos debuxos varios.
Aquí mostramos algúns exemplos.
Mércores Xuño 10, 2020