881 86 70 01
Eventos
Ven | ||
---|---|---|
Start: 17/04/2020 11:07
Ola nenas e nenos! Valentina hoxe tráenos un corto precioso, que pon en valor a inclusión e nos intenta facer ver o importante que é para todos sentirse aceptado e parte do grupo. Votádelle un ollo!
Ademais deste corto, Valentina, que é moi artista, preparouvos un xogo de palabras. Nel, invítavos a facer unha viaxe en globo! Ao longo da viaxe, teredes que superar diferentes retos para poder avanzar, seredes capaces?
E xa para rematar, Valentina preparouvos unha cousa súper interesante! Queredes saber que foto captou o telescopio espacial Hubble da NASA o día do voso aniversario? Estades de sorte!Hubble é un telescopio que leva polo espacio 30 anos!! E para celebrar o seu aniversario os estudiosos da NASA facilitaron esta ferramenta. Só tedes que poñer o mes e o día do voso aniversario e poderedes ver unha foto espacial dese día. Clicade na imaxe!
Ata pronto nenos e nenas!
|