881 86 70 01
Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
30
Start: 30/03/2020 15:38
CONVOCADAS AXUDAS A USUARIOS DE COMEDOR ESCOLARA Consellaría de Educación convoca axudas para as familias dos usuarios do comedor escolar beneficiarios da bolsa de comedor (gratuidade total ou cota dun euro/día), con motivo da suspensión da actividade polo coronavirus COVID-19. A quen vai dirixida a axuda? As familias con un ou máis fillas/os escolarizados no centro que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores de 1 euro. En que consiste a axuda? Nunha compensación por alimentos do custo diario do menú por comensal por cada día lectivo de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia COVID-19. Cal é o importe das axudas?
Cantos días cubre esta axuda?
Como se vai pagar a axuda? En dous pagamentos: 1º: polo período comprendido entre o 16 de marzo e o 3 de abril 2º: se se prorrogase a situación de alarma ata o 1 de maio. Solicitudes. Lugar e prazo Prazo: do 31 de marzo ao 6 de abril, ambos inclusive. Presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos do seguinte xeito: 1. Se contas cun CERTIFICADO DIXITAL ou CHAVE 365
2. Se non contas con CERTIFICADO DIXITAL ou CLAVE 365
-Nome do alumno/a -Nome do pai/nai que solicita -DNI do pai/nai que solicita -Número de conta bancaria (IBAN) Se che é máis doado, podes apuntar eses datos nun papel con letra clara, facer unha foto e enviárnola por correo electrónico dende o teu teléfono móbil. 3. Se tes dificultades para o envío do correo electrónico Chama ao teléfono 881867004, en horario de 10:00 a 13:00 e tomaremos nota dos datos por teléfono. (Pregamos paciencia, se a liña está ocupada, e que acodades a esta opción como última solución.) Resolución: O prazo máximo de resolución será de 10 días desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes. En canto saia publicada será anuncianda nesta páxina web. Entenderase como medio de notificación da concesión o aboamento da axuda na conta bancaria do beneficiario.
Pagamento: Nun prazo máximo de 5 días despois da resolución. (No documento adxunto tedes o texto da convocatoria: Orde do 27 de marzo de 2020).
Start: 30/03/2020 19:28
Achégate a "O RECUNCHO DE VALENTINA" unha humilde proposta de suxestións cas que entreter, divertir, descubrir, coñecer,reflexionar... "NON SE TRATA DE TER DEREITO A SER IGUAIS, SENÓN DE TER DEREITO A SER DIFERENTES" XERMINAMOS UNHA PLANTA? 1. Envolve unha faba ou lentella nun algodón e méteo nun vaso ou bote transparente.Personaliza unha etiqueta co teu nome. 2.Observa como vai medrando a raíz, saíndo o talo... Non esquezas ter o algodón húmido. 3.Se che apetece saca fotos nangún momento do proceso. podes mandalas a:
4. Coas fotos que nos acheguedes faremos un collage que colgaremos na páxina do Centro co hashtag #EUQUEDONACASA . Ver os nosos nomes xuntos será emotivo, axúdanos a lembrar que, a pesar de estar separados, formamos parte dun "gran" grupo O NOSO COLE.
PARA REMATAR VALENTINA INVÍTANOS A ESCOITAR UNHA SESIÓN DE RELAXACIÓN
| 31
Start: 31/03/2020 09:50
Ao igual que fixemos cos traballos de 6º, aquí mostramos algúns exemplos das obras artísticas que creou o alumnado de 5º na materia de Plástica en coordinación coa de Inglés. Traballamos Banksy e os seus graffittis máis famosos, como representante artístico inglés; e Graham Gercken e a súa visión do outono, en representación da arte australiana. Tamén houbo outros traballos como autorretratos (self-portraits), Samaín/Halloween, Christmas... Nos diferentes traballos utilizamos ceras, cores de madeira, rotuladores, pintura... Botádelle un ollo a ver que vos parece!
| 1
Start: 01/04/2020 09:53
Mostramos como traballamos a pintura inspirándonos en obras do artista australiano Gercken, na que destaca a paisaxe outonal.
| 2
Start: 02/04/2020 09:45
Os nenos e nenas de 5º e 6º fixeron varias actividades para conmemorar o Día da Paz (World Peace Day). En Plástica creamos un gran mural do símbolo da paz, recortando as siluetas das nosas propias mans en diferentes cores. Co mesmo símbolo, a un nivel máis individual, os alumnos/as elaboraron un traballo artístico nos seus cadernos de debuxo coa técnica de salpicado, usando pinturas e cepillos de dentes. Aquí podemos observalos en acción e ver algúns resultados.
Start: 02/04/2020 15:50
O Consello da Xunta acordou na súa última xuntanza poñer a disposición dun milleiro de familias con dificultades de conexión, un ordenador portátil e unha conexión á rede, para facilitarlle a este alumnado o seguimento da actividade educativa. Esta medida está dirixida a alumnado de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional. O CPI de San Vicente ven de recibir tres equipos, que se facilitarán no día de mañá como préstamo persoal ata que remate o presente curso escolar. A dirección deste centro, seguindo os criterios que nos indicou a Consellaría de Educación, seleccionou as 3 familias de ESO beneficiarias desta axuda, sendo conscientes de que esta medida é insuficiente para atender a todas as familias que o precisarían e tan apurada que nos forzou a tomar unha decisión rápida, dado que temos que entregar os equipos antes das vacacións, tal e como tamén se nos indica nas instrucións da Consellaría. Esperamos que se amplíen estas medidas á volta das vacacións e que o noso alumnado poda resultar beneficiado de novo. De todas as novidades que se produzan teredes información actualizada nesta páxina web. A dirección deste centro quere tamén dar as grazas a todas as familias pola súa comprensión e colaboración nestes momentos tan difíciles e transmitirlles todo o apoio e o ánimo posible, desexando que a normalidade non tarde en voltar ás nosas vidas. | 3
Start: 02/04/2020 15:50
End: 03/04/2020 20:50
O Consello da Xunta acordou na súa última xuntanza poñer a disposición dun milleiro de familias con dificultades de conexión, un ordenador portátil e unha conexión á rede, para facilitarlle a este alumnado o seguimento da actividade educativa. Esta medida está dirixida a alumnado de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional. O CPI de San Vicente ven de recibir tres equipos, que se facilitarán no día de mañá como préstamo persoal ata que remate o presente curso escolar. A dirección deste centro, seguindo os criterios que nos indicou a Consellaría de Educación, seleccionou as 3 familias de ESO beneficiarias desta axuda, sendo conscientes de que esta medida é insuficiente para atender a todas as familias que o precisarían e tan apurada que nos forzou a tomar unha decisión rápida, dado que temos que entregar os equipos antes das vacacións, tal e como tamén se nos indica nas instrucións da Consellaría. Esperamos que se amplíen estas medidas á volta das vacacións e que o noso alumnado poda resultar beneficiado de novo. De todas as novidades que se produzan teredes información actualizada nesta páxina web. A dirección deste centro quere tamén dar as grazas a todas as familias pola súa comprensión e colaboración nestes momentos tan difíciles e transmitirlles todo o apoio e o ánimo posible, desexando que a normalidade non tarde en voltar ás nosas vidas. Start: 03/04/2020 23:57
Ola nenas e nenos! Hoxe queremos presentarvos a Valentina!! Valentina vainos acompañar durante estes días propoñendo actividades e tarefas divertidas que podedes facer sempre que vos apeteza. Valentina é científica, fotógrafa, cociñeira, exploradora, artista, escritora…e moi, moi soñadora e creativa, queredes coñecela?
Aquí está, coa súa cámara de fotos, desexando comezar esta andaina! En primeiro lugar, Valentina quere ensinarnos este vídeo. Desde aquí queremos darlle a noraboa ao CEIP Quiroga Palacios por facer esta versión tan inclusiva da canción “Resistiré”.
Ademais, tráenos unha proposta que seguramente vos vai encantar: FACER A NOSA PROPIA PLASTILINA CASEIRA
Para logralo, escribiunos a receita, mirade. Podes escribilo nun papel para facelo máis práctico e recorda que cada receita ten dúas partes principais: os ingredientes que precisamos e os pasos para elaboralos.
Agora…a xogar! Amasa a plastilina, estíraa, fai diferentes figuras: bolas, churros, edificios, personaxes, letras… Se queres, podes facer fotografías do que fixeches e envíalas aos nosos correos electrónicos co hashtag:
Para rematar, Valentina, quere amosarnos tamén este vídeo. Algúns artistas están colaborando para facernos máis fácil a estancia na casa estes días. Este é o caso do “Circo do sol” que nos ofrece parte do seu espectáculo dunha hora.
Ata pronto nenos e nenas! Vémonos á volta destas vacacións de Semana Santa! | 4
| 5
|