881 86 70 01
Eventos - Filtro:
Lun | ||
---|---|---|
Start: 30/03/2020 15:38
CONVOCADAS AXUDAS A USUARIOS DE COMEDOR ESCOLARA Consellaría de Educación convoca axudas para as familias dos usuarios do comedor escolar beneficiarios da bolsa de comedor (gratuidade total ou cota dun euro/día), con motivo da suspensión da actividade polo coronavirus COVID-19. A quen vai dirixida a axuda? As familias con un ou máis fillas/os escolarizados no centro que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores de 1 euro. En que consiste a axuda? Nunha compensación por alimentos do custo diario do menú por comensal por cada día lectivo de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia COVID-19. Cal é o importe das axudas?
Cantos días cubre esta axuda?
Como se vai pagar a axuda? En dous pagamentos: 1º: polo período comprendido entre o 16 de marzo e o 3 de abril 2º: se se prorrogase a situación de alarma ata o 1 de maio. Solicitudes. Lugar e prazo Prazo: do 31 de marzo ao 6 de abril, ambos inclusive. Presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos do seguinte xeito: 1. Se contas cun CERTIFICADO DIXITAL ou CHAVE 365
2. Se non contas con CERTIFICADO DIXITAL ou CLAVE 365
-Nome do alumno/a -Nome do pai/nai que solicita -DNI do pai/nai que solicita -Número de conta bancaria (IBAN) Se che é máis doado, podes apuntar eses datos nun papel con letra clara, facer unha foto e enviárnola por correo electrónico dende o teu teléfono móbil. 3. Se tes dificultades para o envío do correo electrónico Chama ao teléfono 881867004, en horario de 10:00 a 13:00 e tomaremos nota dos datos por teléfono. (Pregamos paciencia, se a liña está ocupada, e que acodades a esta opción como última solución.) Resolución: O prazo máximo de resolución será de 10 días desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes. En canto saia publicada será anuncianda nesta páxina web. Entenderase como medio de notificación da concesión o aboamento da axuda na conta bancaria do beneficiario.
Pagamento: Nun prazo máximo de 5 días despois da resolución. (No documento adxunto tedes o texto da convocatoria: Orde do 27 de marzo de 2020).
Start: 30/03/2020 19:28
Achégate a "O RECUNCHO DE VALENTINA" unha humilde proposta de suxestións cas que entreter, divertir, descubrir, coñecer,reflexionar... "NON SE TRATA DE TER DEREITO A SER IGUAIS, SENÓN DE TER DEREITO A SER DIFERENTES" XERMINAMOS UNHA PLANTA? 1. Envolve unha faba ou lentella nun algodón e méteo nun vaso ou bote transparente.Personaliza unha etiqueta co teu nome. 2.Observa como vai medrando a raíz, saíndo o talo... Non esquezas ter o algodón húmido. 3.Se che apetece saca fotos nangún momento do proceso. podes mandalas a:
4. Coas fotos que nos acheguedes faremos un collage que colgaremos na páxina do Centro co hashtag #EUQUEDONACASA . Ver os nosos nomes xuntos será emotivo, axúdanos a lembrar que, a pesar de estar separados, formamos parte dun "gran" grupo O NOSO COLE.
PARA REMATAR VALENTINA INVÍTANOS A ESCOITAR UNHA SESIÓN DE RELAXACIÓN
|