881 86 70 01
Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Start: 26/03/2020 08:51
Ola a todos/as. Que tal o levades?. Ante as circunstancias tan especiais que estamos a pasar, aí van 3 novos consellos: 1) Xa estades a cumprir coas vosas rutinas diarias e a seguir un horario. Pois ben, nos esquezades o exercicio físico. Si estamos sen saír da casa é imprescindible movernos canto menos 1 hora diaria. Os que dispoñedes de bici estática, cinta de correr, ou espazo na casa, xa que dispoñedes de xardín ou horta, téndelo fácil. Os que non e vivides en pisos, debedes de seguir táboas de exercicios (hai moitas en internet) ou axudar coas tarefas da casa aos maiores (fregar, barrer, limpar, facer camas...). Veredes como estas tarefas exercitan de verdade. 2) Vixiade a vosa alimentación. O confinamento pode facer que tendamos a comer máis. Tratade de potenciar as froitas e verduras, eliminado as graxas na medida do posible. E recordade: SE NON TENDES FAME PARA COMER UNHA MAZÁN E QUE NON TENDES FAME. 3) Pensade en positivo. Non vos centredes naquelo que non podedes facer nesta situación, intentade pensar en todo o que podedes facer: descansar, estudiar, xogar, ler, oír música, ver series... tratade de desenvolver a vosa creatividade ante o aburrimento e non abusedes do móvil. Buscade un tempo para vos, uns 30 minutos ao día para organizarse e relaxarse. Comunicádevos coa vosa familia e non esquezades aos amigo/as. O humor é un excelente xeito de levar todo isto. E RECORDADE: SEMPRE HAI QUE SER FELIZ Start: 26/03/2020 12:52
Neste apartado de Sección Bilingüe mostraremos os diferentes traballos realizados polos nenos e nenas de 5º EP e 6º EP coordinando dúas áreas, Plástica e Inglés. O primeiro traballo do curso consistiu en debuxarse a un mesmo. Así, mentres repasamos distinto vocabulario do corpo humano en Inglés, en Plástica inauguramos o caderno de debuxo facendo os nosos autorretratos (self-portrait). E ben chulos que nos quedaron!
|