Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Abril 08, 2019
Start: 08/04/2019 16:51

 

 

Atención! Nova iniciativa da Biblioteca do cole!

"AXUDÁDEME A CANTAR": recompilación de cantigas de tradición oral

Dentro do proxecto ao redor do patrimonio cultural que impulsamos neste curso, achegámonos agora a unha parte do noso patrimonio inmaterial: a poesía de tradición oral, así como a música habitualmente asociada a ela.

Tedes un veciño que canta cancións "das de antes" a todas horas? A vosa nai lembra coplas que lle dicía a súa? A avoa dun amigo aínda se lembra de como tocaba a pandeireta cando era nova? Daquela... collede lapis e papel ou, aínda mellor, un aparello con que gravar audio ou vídeo e animádevos a axudarnos nesta procura!

 

Nos arquivos adxuntos tedes toda a información sobre como participar e tamén a ficha de recollida.

Proxecto patrimonio inmaterial

 

Martes Abril 09, 2019
Start: 09/04/2019 11:52

 

O cole está de noraboa porque 3 alumnos de 6º de Primaria veñen de ser galardonados no IX Concurso de Biodiversión organizado polo CSIC, FECYT e IIAC. 

 

Os galardonados son:

  • Anxo Areán Recarey co 1º Premio de Relatos.
  • Ismael Rey Lourido co 2º Premio de Relatos.
  • Martín Liñares Grille co 1º Premio de Debuxo.

Parabéns aos nosos artistas e pequenos científicos!!!

Martes Abril 16, 2019
Start: 16/04/2019 10:00

Rematamos os Xoves Expertos do mes de abril coa charla de Laura Buj, alumna de 4º de EP e estudante de Clarinete no CMUS de Santiago de Compostela

Amosounos as partes do instrumento, explicounos como se coloca a boca para poder sacarlle son e tamén interpretou para nós unhas pezas ben fermosas.

Coma sempre, premendo na foto, poderedes ver a galería da fotos. 

Laura Buj

Start: 16/04/2019 10:13

Co gallo da conmemoración do Día das Artes Galegas, neste ano 2019 dedicado á figura de Luis Seoane, desenvolvéronse unha serie de actividades artísticas durante este mes de abril grazas á colaboración da nosa ex-alumna e artista plástica, Silvia Capelo.

  • O alumnado de 3º de ESO e algúns profesores desta etapa realizaron murais en cartulina reinterpretando a obra de Seoane.
  • O alumnado de Infantil traballou con Silvia Capelo realizou unha obra conxunta, a modo de mosaico, coa técnica do collage.
  • O alumnado de 1º, 2º e 3º de EP fixo unha reinterpretación das ilustracións dos personaxes de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares.
  • O alumnado de 4º, 5º e 6º de EP desenvolveu un obradoiro de aproximación ao gravado sobre os tres temas presentes na obra de Seoane: o mar, a terra e a muller.
  • O alumnado de ESO pintou de xeito colaborativo un mural no patio da escola, despois dunha chuvia de ideas coa artista Silvia Capelo a partir da obra muralística de Luis Seoane.

Nas vindeiras semanas as pezas realizadas por todo o alumnado estarán expostas nos corredores do cole, así que estades convidados a vir velas cando queirades.

PREME NA IMAXE PARA VER A GALERÍA DE FOTOS!!

MURAL LUIS SEOANE

Luns Abril 29, 2019
Start: 29/04/2019 08:39

Continúan con éxito os Xoves Expertos na biblioteca. Desta vez aprendimos moitísimo sobre as abellas grazas a Xoel Vilacoba quen, ademáis, nos deu a probar o delicioso mel das súas colmenas.

Preme na foto para ver as imaxes deste xoves!

Xoves Maio 02, 2019
Start: 02/05/2019 12:12

Un xoves máis o noso pequeno experto en Harry Potter, Markel Villaverde, falounos deste personaxe da literatura fantástica, de todas as súas aventuras literarias e tamén das películas que nos contan a súa historia.

Podes premer na foto para ver as imaxes deste divertido recreo de xoves experto.

Distribuir contido


by Dr. Radut