881 86 70 01
Eventos
Martes Abril 02, 2019
Start: 02/04/2019 16:02
Xoves Abril 04, 2019
Start: 04/04/2019 15:38
Hoxe, un xoves máis, poidemos escoitar na biblioteca a charla sobre Os Dinosaurios que impartiu o noso pequeno experto, Ismael Rey, de 6º de Primaria.
Ademáis hoxe estreabamos o noso equipo de proxección, que fará máis vistosas estas presentacións que están a ser un grandísimo éxito.
Temos todos os xoves cubertos e lista de espera para o vindeiro curso!!!
Xa sabedes, clicade na foto para ver a galería de imaxes.
Luns Abril 08, 2019
Start: 08/04/2019 16:51
Atención! Nova iniciativa da Biblioteca do cole!
"AXUDÁDEME A CANTAR": recompilación de cantigas de tradición oral
Dentro do proxecto ao redor do patrimonio cultural que impulsamos neste curso, achegámonos agora a unha parte do noso patrimonio inmaterial: a poesía de tradición oral, así como a música habitualmente asociada a ela.
Tedes un veciño que canta cancións "das de antes" a todas horas? A vosa nai lembra coplas que lle dicía a súa? A avoa dun amigo aínda se lembra de como tocaba a pandeireta cando era nova? Daquela... collede lapis e papel ou, aínda mellor, un aparello con que gravar audio ou vídeo e animádevos a axudarnos nesta procura!
Nos arquivos adxuntos tedes toda a información sobre como participar e tamén a ficha de recollida.
Martes Abril 09, 2019
Start: 09/04/2019 11:52
O cole está de noraboa porque 3 alumnos de 6º de Primaria veñen de ser galardonados no IX Concurso de Biodiversión organizado polo CSIC, FECYT e IIAC.
Os galardonados son:
- Anxo Areán Recarey co 1º Premio de Relatos.
- Ismael Rey Lourido co 2º Premio de Relatos.
- Martín Liñares Grille co 1º Premio de Debuxo.
Parabéns aos nosos artistas e pequenos científicos!!!
Martes Abril 16, 2019
Start: 16/04/2019 10:00
Rematamos os Xoves Expertos do mes de abril coa charla de Laura Buj, alumna de 4º de EP e estudante de Clarinete no CMUS de Santiago de Compostela.
Amosounos as partes do instrumento, explicounos como se coloca a boca para poder sacarlle son e tamén interpretou para nós unhas pezas ben fermosas.
Coma sempre, premendo na foto, poderedes ver a galería da fotos.
Start: 16/04/2019 10:13
Co gallo da conmemoración do Día das Artes Galegas, neste ano 2019 dedicado á figura de Luis Seoane, desenvolvéronse unha serie de actividades artísticas durante este mes de abril grazas á colaboración da nosa ex-alumna e artista plástica, Silvia Capelo.
- O alumnado de 3º de ESO e algúns profesores desta etapa realizaron murais en cartulina reinterpretando a obra de Seoane.
- O alumnado de Infantil traballou con Silvia Capelo realizou unha obra conxunta, a modo de mosaico, coa técnica do collage.
- O alumnado de 1º, 2º e 3º de EP fixo unha reinterpretación das ilustracións dos personaxes de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares.
- O alumnado de 4º, 5º e 6º de EP desenvolveu un obradoiro de aproximación ao gravado sobre os tres temas presentes na obra de Seoane: o mar, a terra e a muller.
- O alumnado de ESO pintou de xeito colaborativo un mural no patio da escola, despois dunha chuvia de ideas coa artista Silvia Capelo a partir da obra muralística de Luis Seoane.
Nas vindeiras semanas as pezas realizadas por todo o alumnado estarán expostas nos corredores do cole, así que estades convidados a vir velas cando queirades.
PREME NA IMAXE PARA VER A GALERÍA DE FOTOS!!