Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Sábado Marzo 16, 2019
Start: 16/03/2019 11:01

Este xoves 14 de marzo, reanudamos os Xoves Expertos na Biblioteca Escolar. 

Desta vez, Rosalía Rodríguez falounos da súa terra de orixe, Canadá, e aprendimos todos moitos sobre a súa cultura, lingua, fauna e organización territorial. Ela vai visitar á súa familia duas veces ao ano e sempre volve cunha boa reserva do delicioso sirope de arce que nos deu a probar Canso

Clicade na foto para ver a reportaxe!

rosalia rodriguez craven

Start: 16/03/2019 11:12

A semana do 8 ao 12 de abril, co gallo do Día das Artes Galegas, homenaxearemos a figura de Luis Seoane mediante a realización de obradoiros de arte da man de Silvia Capelo. 

Todo o alumnado de todas as etapas educativas desenvolverá o seu talento artístico e os corredores e paredes do noso centro lucirán fermosamente decorados.

Aquí tedes o cartel coas datas e horarios das actividades:

 

cartel seoane 2cartel semana seoane 1

Venres Marzo 22, 2019
Start: 22/03/2019 11:34

Unha semana máis de Xoves Expertos na que coñecemos o mundo da Ximnasia Rítmica da man de Nuria e Iria, alumnas de 6º de EP. Aprendemos os nomes de moitas figuras, como se estiran e entrenan, como se preparan para competir e o que son os pes de chourizo, jejeje. 

Clica na imaxe para ver as fotos...


Martes Abril 02, 2019
Start: 02/04/2019 16:02

O pasado xoves, un grupo de alumnas de 4º de EP faláronnos da función de relación nos seres vivos, dos nosos 5 sentidos e tamén dos nosos músculos e osos... Aprendimos con elas un pouco máis sobre como funciona o noso corpo e como podemos coidalo.

Se clicas na foto poderás ver a reportaxe gráfica.

 

Xoves Abril 04, 2019
Start: 04/04/2019 15:38

Ismael e os dinosaurios

 

Hoxe, un xoves máis, poidemos escoitar na biblioteca a charla sobre Os Dinosaurios que impartiu o noso pequeno experto, Ismael Rey, de 6º de Primaria.

Ademáis hoxe estreabamos o noso equipo de proxección, que fará máis vistosas estas presentacións que están a ser un grandísimo éxito. 

Temos todos os xoves cubertos e lista de espera para o vindeiro curso!!!

Xa sabedes, clicade na foto para ver a galería de imaxes.

 

Luns Abril 08, 2019
Start: 08/04/2019 16:51

 

 

Atención! Nova iniciativa da Biblioteca do cole!

"AXUDÁDEME A CANTAR": recompilación de cantigas de tradición oral

Dentro do proxecto ao redor do patrimonio cultural que impulsamos neste curso, achegámonos agora a unha parte do noso patrimonio inmaterial: a poesía de tradición oral, así como a música habitualmente asociada a ela.

Tedes un veciño que canta cancións "das de antes" a todas horas? A vosa nai lembra coplas que lle dicía a súa? A avoa dun amigo aínda se lembra de como tocaba a pandeireta cando era nova? Daquela... collede lapis e papel ou, aínda mellor, un aparello con que gravar audio ou vídeo e animádevos a axudarnos nesta procura!

 

Nos arquivos adxuntos tedes toda a información sobre como participar e tamén a ficha de recollida.

Proxecto patrimonio inmaterial

 

Martes Abril 09, 2019
Start: 09/04/2019 11:52

 

O cole está de noraboa porque 3 alumnos de 6º de Primaria veñen de ser galardonados no IX Concurso de Biodiversión organizado polo CSIC, FECYT e IIAC. 

 

Os galardonados son:

  • Anxo Areán Recarey co 1º Premio de Relatos.
  • Ismael Rey Lourido co 2º Premio de Relatos.
  • Martín Liñares Grille co 1º Premio de Debuxo.

Parabéns aos nosos artistas e pequenos científicos!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut