881 86 70 01
Eventos
Luns Marzo 04, 2019
Start: 04/03/2019 12:04
Aquí tedes as fotografías premiadas no Concurso de Fotografía sobre Patrimonio Memoria en Construción, convocado pola Biblioteca Escolar.
A entrega de premios terá lugar o vindeiro luns 11 de marzo, ás 12 da mañá, no espazo multiusos do CPI San Vicente.
Parabéns ás persoas premiadas e moitísimas grazas a todos os autores e autoras das 90 fotos presentadas. Non foi doado, para o xurado, decidir entre tantas e tan fermosas fotos de elementos do noso patrimonio material.
Pronto publicaremos a totalidade das fotos!
Xoves Marzo 07, 2019
Start: 07/03/2019 20:37
Sábado Marzo 16, 2019
Start: 16/03/2019 11:01
Este xoves 14 de marzo, reanudamos os Xoves Expertos na Biblioteca Escolar.
Desta vez, Rosalía Rodríguez falounos da súa terra de orixe, Canadá, e aprendimos todos moitos sobre a súa cultura, lingua, fauna e organización territorial. Ela vai visitar á súa familia duas veces ao ano e sempre volve cunha boa reserva do delicioso sirope de arce que nos deu a probar
Clicade na foto para ver a reportaxe!
Start: 16/03/2019 11:12
A semana do 8 ao 12 de abril, co gallo do Día das Artes Galegas, homenaxearemos a figura de Luis Seoane mediante a realización de obradoiros de arte da man de Silvia Capelo.
Todo o alumnado de todas as etapas educativas desenvolverá o seu talento artístico e os corredores e paredes do noso centro lucirán fermosamente decorados.
Aquí tedes o cartel coas datas e horarios das actividades:
Venres Marzo 22, 2019
Start: 22/03/2019 11:34