881 86 70 01
Eventos
Sáb | ||
---|---|---|
Start: 16/02/2019 19:12
Nesta fermosa mañá de sábado, un grupiño de rapaces e rapazas, profes, familias, amigos e veciñanza do cole da Baña percorreu a Ruta do Patrimonio de Lañas, deseñada polo alumnado de 2º de ESO no seu proxecto Facendo Escola, para coñecer o patrimonio cultural desta parroquia. Entre charlas e fotografías, camiñamos os 9 km da ruta e descubrimos fermosos tesouros de arquitectura popular e tamén do patrimonio arqueolóxico do noso concello. As fotos que os nosos amigos e amigas camiñantes realizaron nesta andaina serán expostas nos panéis dos corredores do noso cole, dentro do concurso de fotografía Memoria en Construción. Tedes ata o 22 de febreiro para enviarnos as vosas fotos, bulide!!! Aquí tedes a foto final do grupo, despois do percorrido. Grazas a todos por participar nesta iniciativa e esperámosvos no curso que ven. PREME NA IMAXE PARA VER A GALERÍA DE FOTOS... |