881 86 70 01
Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
28
| 29
Start: 29/01/2019 16:54
O proxecto Multimedia FACENDO ESCOLA desenvolvido polo alumnado de 2º de ESO en colaboración coa Biblioteca Escolar ven de ser recoñecido no V Concurso de Traballo por Proxectos convocado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación.
O equipo de rodaxe, despois dunha longa tarde de traballo. Start: 29/01/2019 17:52
Continuando co proxecto de recuperación do Patrimonio Cultural Material e Inmaterial do noso Concello, a Biblioteca Escolar convoca o Concurso de Fotografía sobre patrimonio Memoria en Construción.
Aquí podedes consultar as bases para participar:
E no arquivo adxunto tedes a ficha informativa que debe acompañar cada unha das vosas fotografías. Animádevos a participar e axudádenos a elaborar o noso mapa do patrimonio!! Start: 29/01/2019 18:01
A Biblioteca Escolar quere convidarvos a participar na Saída Fotográfica que terá lugar o Sábado 9 de febreiro para percorrer a Ruta do Patrimonio, deseñada polo alumnado de 2º de ESO no seu proxecto multimedia Facendo Escola. Poden participar alumnado de EI, EP e ESO así como familias, veciños e amigos do CPI San Vicente. Só é necesario levar calzado cómodo, unha cámara de fotos ou smartphone e moitas ganas de camiñar e desfrutar da natureza, a historia e a boa compañía. Inscrición na Biblioteca Escolar antes do 8 de febreiro!
| 30
| 31
| 1
| 2
| 3
|