Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Xaneiro 29, 2019
Start: 29/01/2019 16:54

O proxecto Multimedia FACENDO ESCOLA desenvolvido polo alumnado de 2º de ESO en colaboración coa Biblioteca Escolar ven de ser recoñecido no V Concurso de Traballo por Proxectos  convocado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación.
Felices e orgullosos de que este traballo pola recuperación da nosa historia e o noso Patrimonio fose merecedor deste premio, queremos dar as grazas a todos os que o fixeron posible: veciños, familias, amigos, profes e a nosa mestra en audiovisual e multimedia, Cristina de la Torre. 


Se aínda non coñeces a nosa web, xa estás tardando, é unha web de premio: https://facendoescola.atavist.com/

equipo rodaxe Facendo Escola

                                                                          O equipo de rodaxe, despois dunha longa tarde de traballo.

Start: 29/01/2019 17:52

Continuando co proxecto de recuperación do Patrimonio Cultural Material e Inmaterial do noso Concello, a Biblioteca Escolar convoca o Concurso de Fotografía sobre patrimonio Memoria en Construción

cartel concurso foto patrimonio

Aquí podedes consultar as bases para participar:

bases concurso foto

E no arquivo adxunto tedes a ficha informativa que debe acompañar cada unha das vosas fotografías.

Animádevos a participar e axudádenos a elaborar o noso mapa do patrimonio!!

Start: 29/01/2019 18:01

A Biblioteca Escolar quere convidarvos a participar na Saída Fotográfica que terá lugar o Sábado 9 de febreiro para percorrer a Ruta do Patrimonio, deseñada polo alumnado de 2º de ESO no seu proxecto multimedia Facendo Escola.

Poden participar alumnado de EI, EP e ESO así como familias, veciños e amigos do CPI San Vicente. Só é necesario levar calzado cómodo, unha cámara de fotos ou smartphone e moitas ganas de camiñar e desfrutar da natureza, a historia e a boa compañía.

Inscrición na Biblioteca Escolar antes do 8 de febreiro!

cartel saida fotografica

 

Xoves Febreiro 07, 2019
Start: 07/02/2019 13:11

Hoxe comezamos a andaina dos nosos Xoves Expertos na Biblioteca Escolar.

Nesta ocasión Pablo Blanco, alumno de 5º de EP, falou ante un público atento, do seu instrumento, o saxofón, e tamén nos deleitou coa interpretación dun par de pezas co seu instrumento.

Clicando na foto terás a ligazón á galería de fotos.

 

Xoves Febreiro 14, 2019
Start: 14/02/2019 13:36

Segundo xoves experto, nesta ocasión en compañía de Sofía García, alumna de 3º de EP que nos falou do seu instrumento, a frauta traveseira.

De novo, o público interesouse polos instrumentos que nos amosou esta pequena e aplaudiu con emoción as súas interpretacións.

Para ver máis fotos, clica na imaxe!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut