Skip to Content

Curso 22/23

Bautismo de Surf en Patos - Educación Secundaria

O pasado 16 de maio, o alumnado do CPI de Rodeiro realizou un bautismo de surf na praia de Patos en Nigrán. Esta emocionante actividade, organizada polo Departamento de Educación Física, contou coa participación de case unha treintena de mozos e mozas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.

 

Durante a xornada, os estudantes tiveron a oportunidade de descubrir o mundo do surf e experimentar as sensacións únicas que este deporte ofrece. Baixo a guía de instrutores cualificados, os participantes aprenderon as técnicas básicas de surf e foron introducidos ás normas de seguridade para desfrutar dunha experiencia divertida e segura na auga.

 

A praia de Patos, coas súas magníficas ondas e o seu entorno natural, foi o escenario perfecto para esta actividade. Continuaremos a fomentar o espírito aventureiro e a promover o deporte entre os nosos estudantes. Xa estamos ansiosos pola próxima experiencia emocionante que nos agarda!

 

Se tes interese en coñecer máis sobre as actividades do noso centro, non dubides en explorar a nosa páxina web e estar atento ás novidades. Xuntos, seguiremos a crear momentos inesquecibles e a promover un estilo de vida activo e saudable.

Descubrindo a maxia dos animais en Marcelle - Educación Infantil

O pasado 4 de maio as nenas e nenos de Educación Infantil fixemos unha saída moi emocionante ao Parque Natural de Marcelle, en Lugo. Foi un día moi especial e interesante no que vimos e aprendimos moitísimas cousas sobre os distintos animais. As nenas e nenos pasáronno en grande e viviron o día con moita ilusión.

 

Foi un día cheo de sorpresas e aprendizaxe, onde os nosos pequenos exploradores puidéronse marabillar coa beleza e diversidade da fauna. Desde bisontes maxestuosos ata suricatas adorables, cada animal deixou unha pegada no corazón dos nosos estudantes.

 

A través desta experiencia, o noso alumnado  ampliou os seus coñecementos sobre a vida animal, a súa conservación e a importancia do respecto á natureza. Foi unha oportunidade única para despertar a súa curiosidade e promover o amor e coidado polos animais.

  

Parabéns aos nosos estudantes por facer desta visita un día inesquecible. Seguiremos animándoos a explorar o mundo e a valorar a beleza e diversidade da natureza.

 

Que as lembranzas deste día en Marcelle continúen inspirando os nosos estudantes a protexer e respectar o mundo animal. Sigamos a fomentar a curiosidade e a aprendizaxe a través de experiencias marabillosas como esta!"

 

 

 

 

23 de abril - Celebrando o Día do Libro no noso centro educativo!

Co gallo do día do libro, os nosos pequenos exploradores mergulláronse nas páxinas dos seus libros favoritos,descubriron novos mundos, emocionáronse coas aventuras de valentes personaxes e deixaron voar a súa imaxinación en cada historia.

Risas, asombro e concentración foron reflexo dun día especial dedicado ao amor pola lectura. Foi marabilloso ver como cada neno atopaba o seu rincón máxico entre as páxinas e compartía cos seus compañeiros as súas descubertas literarias.

A través da lectura, os nosos pequenos adquiren novas palabras, coñecementos e valores. Os libros transportannos a lugares afastados, presentándonos heroes e heroínas, ensinándonos a soñar e inspirándonos a ser mellores cada día. No noso centro educativo, promovemos o amor pola lectura como unha ferramenta poderosa para o crecemento persoal e o desenvolvemento de habilidades.

Agradecemos aos nosos profesores e profesoras polo seu apoio e guía neste viaxe literario. Sigamos explorando páxinas cheas de aventuras e descubrimentos xuntos!

 

Feliz Día do Libro!

 

 

Congreso de Innovación na Formación Profesional celebrado en Santiago.

O alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria acudiu o 23 de marzo a un evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está inmersa a Formación Profesional de Galicia.

 

Estiveron acompañados do Orientador do Centro Ernesto Fernández Guerra e dos profesores Jose Luis Darriba Cibeira, Alberto Hernández Platero e Gemma Conde Rodríguez

 

Alí viron como a rapazada doutros centros de Formación Profesional se desenvolvía explicándolle ao noso alumnado os seus proxectos, o que supón un balón de autoestima e liberdade para eles. 

Neste congreso presentáronse unha morea de traballos, como produción e aplicacións do hidróxeno verde para mover vehículos ou drons, sistemas de mellora da eficiencia enerxética das granxas de porcino, sistemas de seguimento e cría en granxas avícolas, novidades na industria e impresión textil, emprego de plantas como alimentos, sistemas de realidade aumentada, etc. 

 

No espazo expositivo do Gaiás, presentáronse proxectos de innovación, emprendemento e obradoiros para mostrar unha visión práctica da FP.

 

O alumnado de Educación Secundaria viaxou a Andorra a disfrutar da neve.

O alumnado dos cursos de 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria viaxou para disfrutar da neve e da montaña na semana do 18 ao 25 de marzo.  

Pasaron varios días esquiando en Andorra, nunha experiencia inolvidable de convivencia e deporte. 

 

Toda unha experiencia de convivencia, superación e práctica dunha actividade deportiva dura. O alumnado, que na súa maioría non era coñecedor deste deporte, traballou con monitores e tras varios días de práctica, era capaz de baixar polas pistas azuis. Foron Intensos días de actividade física, convivencia, e de satisfacción polos logros e medos superados. O alumnado axudouse mutuamente a superarse a si mesmos. Unha experiencia para repetir.

Unha experiencia para repetir.

 

O CPI de Rodeiro entre os 20 centros galegos participantes no Proxecto VIAEDU.


 

Participamos nun programa piloto da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que consiste na aplicación dunha liña de orientación vocacional, realizado en tan so 20 centros educativos de Galicia.  

 

Galicia é pioneira no estado español na implantación dun programa destas características, deseñado para axudar ao noso alumnado na súa toma de decisións académicas e profesionais con esta ferramenta que é complementaria á labor que xa ven realizando o Departamento de Orientación

 

Este programa consta de varias fases, que comeza coa realización dunha proba de orientación a través da plataforma ViaEdu, desenvolvida por profesionais de psicoloxía e pedagoxía. 

Despois das diferentes probas e da análise personalizada de cada estudante, ofreceranse unha serie de suxestións de estudos superiores, tanto de Formación Profesional como universitarios. 

 

En canto ao envío do informe de resultados para cada alumno, o orientador do centro estará en todo momento á disposición de familias e alumnado para a interpretación dos seus resultados e apoio na investigación das opcións educativas dispoñibles. 

 

 

O CPI de Rodeiro implícase na educación ambiental do seu alumnado.

O CPI de Rodeiro colabora coa asociación sen ánimo de lucro Ecoembes coa colocación de contedores de reciclaxe no centro, como medida de impulso para o coidado do mediambiente e a concienciación das xeracións futuras. 

 

O CPI de Rodeiro colabora coa asociación sen ánimo de lucro Ecoembes coa colocación de contedores de reciclaxe no centro, como medida de impulso para o coidado do mediambiente e a concienciación das xeracións futuras. 

 

Os contedores de reciclaxe foron situados en zonas onde se xeran a maior parte dos residuos, como os patios ou aulas. Nos patios é onde se deben dispoñer os residuos de envases, papel de aluminio, restos de comida, panos, etc. En cambio, nas aulas, reforzáronse os contedores azuis para papel e cartón. 

 

Dispoñer de contedores no noso centro educativo non so axuda coa separación de residuos, senon que é unha práctica que crea conciencia ambiental no noso alumnado. 

 

Ensinar aos nenos e nenas a reducir, reciclar e reutilizar fai que adquiran hábitos de consumo responsable que beneficiará no futuro á sociedade e ao medio ambiente. 

 

 

Artistas de Educación Infantil viaxaron polo mundo e universo.

Ao remate do segundo trimestre os nosos pequenos e pequenas artistas de Educación Infantil levaron as súas bolsiñas de traballos para casa. 

 

En 4⁰ de EI viaxaron a Xapón aprendendo moitas cousas da súa cultura

 

As nenas e nenos de 5º de EI coñeceron algunhas curiosidades sobre Ámsterdam e profundizaron nas obras de Van Gogh.

 

En 6⁰ de EI convertíronse en astronautas, viaxando polo espazo exterior.

 

Hoxe levan as súas obras de arte e traballos xunto cos ovos de chocolate que deixou o coelliño de Pascua polo cole.

 

 

 

8M - Día da muller

8-M. Día Internacional da Muller.

Distribuir contido


by Dr. Radut