O pasado luns 17 de outubro organizouse a actividade "Contacontos pola Igualdade" para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, en colaboración coa ANPA Xulio Lois de Rodeiro.
A partir de contos como fío condutor e dun modo moi lúdico e divertido, aproveitouse para facer reflexionar aos máis pequenos sobre a igualdade, as diferenzas entre homes e mulleres, a integración, a cooperación ou a corresponsabilidade. As sesións de contos igualitarios remataron cunha reflexión conxunta e guiada.