Skip to Content

Charla-coloquio sobre o Parlamento de Galicia para espallar os valores da democracia

Transcorridos pouco mais de quince días das últimas eleccións ao parlamento de Galicia, recordamos a xornada celebrada no noso centro na cal destacados exparlamentarios galegos, como Xesús Manuel Veiga Buxáns e Juan Manuel Fajardo Reconso,  compartiron as súas experiencias cos alumnos de terceiro e cuarto da ESO no colexio de Rodeiro.

 

Esta visita, coordinada entre o noso centro educativo, o Parlamento de Galicia e a Asociación de ex parlamentarios, deu aos nosos estudantes a oportunidade única de mergullarse no mundo da política. A xornada incluíu a proxección dun vídeo que ilustrou o funcionamento e a labor do Parlamento de Galicia.

 

Durante a presentación, os estudantes puideron coñecer de primeira man as experiencias políticas dos distinguidos visitantes. Abriuse un animado debate, onde os alumnos plantearon preguntas sobre a vida parlamentaria, obtendo resposta a cuestións desde o salario dun parlamentario ata a complexidade de reincorporarse ao traballo tras deixar o cargo.

Foi unha oportunidade única para os nosos estudantes de comprender o funcionamento interno do Parlamento, así como para explorar as motivacións e desafíos dos que dedicaron parte das súas vidas á política. Agradecemos aos ex parlamentarios por compartir as súas valiosas experiencias e brindar aos nosos alumnos unha perspectiva única sobre o mundo político.



page | by Dr. Radut