Skip to Content

Participamos no “Plan Navega con Rumbo” xunto con outros 240 centros de Galicia.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º de Educación Secundaria participou no “Plan Navega con Rumbo” o pasado 30 de maio. O noso centro educativo acolleuse a este plan no que participaron 240 centros de todo Galicia. 

O obxectivo é que as rapazas e rapaces máis novos, que poderiamos definir como nativos dixitais, tomen conciencia dos beneficios e riscos que supón a navegación polo ciberespacio en toda a súa extensión, non só a través de páxinas web senón tamén das redes sociais, das que cada vez son usuarios máis asiduos. 

Nesta xornada, unha especialista do Colexio Profesional de Informáticos de Galicia abordou temas de interese para guiar á mocidade nas súas sesións en Internet, asegurando que sexan útiles e responsábeis.  

 

Ademais, a través desta guía de boas prácticas, pretendemos xerar coñecemento entre a mocidade, para protexerse e evitar problemas relacionados co uso indebido das TIC, e mesmo que perdan o medo a introducirse nas novas tecnoloxías.

 

 

Xuntos, podemos traballar para crear unha cultura dixital segura e construtiva. Non desperdicies esta oportunidade de formar parte dese cambio e axudar a promover unha experiencia en liña saudable e positiva para todos.

 

AnexoTamaño
NAVEGA-CON-RUMBO-Guia-alumnado.pdf1.76 MB


page | by Dr. Radut