O concello de Rodeiro, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, presentou unha fascinante exposición de poesía visual titulada "Rompe, xoga en igualdade". As artistas Isabel Blanco e Irene Silva crearon obras con bonecsa para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres e destacar a importancia do xogo na educación e na formación dos nenos e nenas, así como na transmisión de valores fundamentais.
Esta exposición é unha chamada á reflexión sobre os estereotipos de xénero e a violencia sexista que aínda persisten na nosa sociedade. As bonecas, representadas como mulleres obxecto, axúdanos a tomar conciencia e a loitar contra esta problemática social que afecta ás mulleres dende unha idade moi temperá.
Agradecemos a asistencia da deputada provincial María Victoria Alonso Méndez e de Irene Silva Xiráldez, directora artística da exposición, á visita guiada que realizaron para o alumnado de 3º e 4º de ESO do CPI de Rodeiro no día da súa inauguración o pasado 13 de abril. O alumnado de 1º e 2º de ESO, asi como o de 6º de Educación Primaria tamén visitou a exposición o 18 de abril.