Ola a todos.
Estes días na casa ofrecen a posibilidade de mellorar a lectura e a escritura, dúas actividades prioritarias que podedes traballar vós de forma autónoma.
Propóñovos ler, diariamente, en silencio e en voz alta (buscade calquera texto do voso interese) e escribir un diario destes días de encerro forzoso que, seguro, serán difíciles de esquecer; podedes comezar recordando esta semana que pasou para, a partir de agora, escribir día a día.
Ademáis, déixovos este texto para que escrivades seguindo as indicacións.
A HISTORIA DO GATO GORDO
Unha muller tiña un gato. Ao principio era un gatiño bonito, un gatiño coma de xoguete, cunha pinta negra no naríz. A muller estaba namorada do animal. De noite permitíalle durmir na súa cama; cada mañá cepilláballe o pelo con loción capilar e lle poñía cintas de cor rosa arredor do pescozo. Alimentaba o gatiño con carne picada e fígado, con ovos, nata batida e peixe cocido.
O gatiño converteuse nun gato grande que bufaba e rabuñaba cando non conseguía o que quería. Pero iso á muller parecíalle gracioso, e seguía permitíndolle ao gato durmir na súa cama.
O gato era cada vez máis grande e máis gordo e deixábase servir pola muller. Chegou o momento en que no almorzo bebía dous litros de leite con gotiñas de vitaminas e comía dúas chuletas, empanadas e fritos. Á muller só lle quedaban os ósos para roer. Estaba cada vez máis fraca e máis pálida, mentres que o gato engordaba e medraba e medraba, ata que se fixo tan grande coma un tenreiro.
Daquela o gatazo durmía só na cama e a muller tiña que enroscarse na alfombra.
Úrsula Wölfel, 29 historias disparatadas.
- Lectura atenta do texto
- Escribe un texto. Elixe entre “historia do gato ……….” “historia do/da …………. gordo/-a” ou “historia do/da …………….. ……………….”.
Seguirei propoñendo outras actividades.
Coidádevos moito.
Un saúdo.